Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

ObxectivosEquipamento tren inferiorEquipamento tren superiorA cabeciñaAs mansEquipo de aluguer snowEquipo de aluguer esquí

ANDORRA 2020IES MGB

ANDORRA 2020IES MGB

INDEX

E taménA estaciónEn pistas: tipos de pistaEn pista: remontesCaldeaSOSLigazóns

1235678

9101112131415

OBXECTIVOS

OBXETIVO 1

Que material necesitamos? Calcetíns, guantes, pantalón, uff...

OBXETIVO 2

O material de aluguer.Que imos alugar exactamente?

OBXETIVO 3

Temos que coñecer a estación: tipos de pistas, remontes...

OBXETIVO 4

Que facer en caso de SOS?

Equipamento tren inferior (I)

Calcetíns

Nin moi gordos (porque poden facer dano na bota), nen moi finos (que fai frío!). O calcetín de esquí é un calcetín longo que chega case ata o xeonllo, o xusto para que non nos roce a bota.O ideal sería levar 5 pares, un para cada día!Pero no seu defecto podemos levar un par de pares e ir alternando, por aquilo da hixieneDende 5€

Segue lendo

Equipamento tren inferior (II)

Pantalón de esquí

Hai moitos tipos, e dende logo moitas cores a elixir. Os de Snow soen ser máis anchos.Tamén os temos con tirantes ou sen tirantes.* Truco: para que non se nos caian os tirantes o mellor e poñelos cruzados. Man de santo!Dende 15€

Equipamento tren superior (I)

1ª capa: Camiseta térmica

Estas camisetas abrigan e ademais evacúan ben a suor. Como nos calcetíns, o ideal sería levar 5, unha para cada día, pero... tamén podemos levar un pouco de xabón e facer a colada. Así que mínimo 2.Dende 15€

Segue lendo

Equipamento tren superior (II)

2ª capa: Polar

Esta prenda nos axudará a protexernos contra o frío, sobre todo nos remontes ou a primeira hora.Se despois vemos que nos sobra sempre podemos gardala na mochila.Dende 8€

Segue lendo

Equipamento tren superior (III)

3ª capa: Cazadora de esquí

A prenda máis importante, a que vai a marcar a diferencia cando veña mal tempo.Como vedes nas imaxe a parte superior leva capucha e a cremallera ten unha extensión que nos vai protexer a cara do vento. Na parte interior soen ter unha especie de malla cuns broches para que non nos entre neve en caso de caída.Unha compra intelixente sería atopar un modelo que non fose moi radical e puidésemos poñer a diario.Dende 30€ (aínda que se queremos un mínimo de garantías debermos plantexarnos gastar algo máis, sobre 100€)

Equipamento tren superior

3ª capa: Cazadora de esquí

A prenda máis importante, a que vai a marcar a diferencia cando veña mal tempo.Como vedes nas imaxe a parte superior leva capucha e a cremallera ten unha extensión que nos vai protexer a cara do vento. Na parte interior soen ter unha especie de malla cuns broches para que non nos entre neve en caso de caída.Unha compra intelixente sería atopar un modelo que non fose moi radical e puidésemos poñer a diario.Dende 30€ (aínda que se queremos un mínimo de garantías debermos plantexarnos gastar algo máis, sobre 100€)

A cabeciña

Accesorios

O casco. Fundamental. Ademais de protexernos nos saca o frío. Obrigatorio, pero tranquilos, non hai que compralo, vai incluído no material de aluguer.Unha braga, para non conxelarse no remonte se hai ventisca! Dende 4€.Gafas de esquí. Imprescindibles con mal tempo. Dende 10€.Gafas de sol. Para os días de idem, e para que non sufran os ollos cando estamos nas terrazas das cafeterías. Dende 15€.

As mans

Guantes

Sin guantes, imposible!!Hai moitos modelos, materiais e prezo, desde 13€.E se somos moi frioleiros, ou queremos usar as mans sin conxelarnos (ollo, ás veces parece que non fai frío, pero é estar dous minutos sen guantes e logo...). Se é o caso, o mellor e levar a maiores uns interiores. Dende 5€.

O material de aluguer (snow)

Táboas e botas de snow

Se imos facer snow, na tenda de material nos darán...Unha táboa. ** Atentos, antes teremos que saber se somos regulars ou leftys, ou sexa, se levamos nas fixacións primeiro a perna dereita ou a esquerda. (na imaxe unha táboa para un regular, perna dereita primeiro)Unhas botas de snow (máis cómodas, moooito máis cómodas que as de esquí)E un casco (obrigatorio)

O material de aluguer (esquí)

Esquíes, paos e botas de esquí

Se imos facer esquí, na tenda de material nos darán...Un par de esquíes** Atentos, antes teremos que probar as botas para saber a distancia á que teñen que ir as fixacións. Tamén nos preguntarán o peso (para regular o mecanismo que facilita que se solten en caso de caída) e se somos debutantes (ou sexa, nin idea), intermedios e expertos (nos darán uns esquís máis brandos ou máis duros, segundo o noso nivel) Uns paos de esquí:* Ollo nos remontes, que nos se nos caian das mans!Unhas botas de esquí (que pracer... ao sacalas!).* Truco. Ao comezo, frouxas, case sen apretar, e logo, a medida que imos quencendo, outra volta de rosca!E un casco (obrigatorio)

E tamén...

Mochila

Que non sexa moi grande, pode ser interesante ter un sitio onde levar as cousas e que non moleste demasiado. Recordade que ás veces nos sobra unha prenda, ou non necesitamos as gafas de esquí, etc. En todo caso, é algo opcional.

Cremas

Crema de sol

  • *Botar todos os días no hotel, nubrado ou despexado, na neve sempre colle e é moi fácil queimarse. Factor 50 mínimo!
Protector labial
  • Evidentemente, de uso individual. Fai o que queiras, pero se non o botas, labios partidos seguro!

Bolsa para as botas

A ver, o mellor sería mercar unha específica e a xogo coa nosa indumentaria, pero valen 30€.Así que cunha do Gadis imos que chutamos, e ademais reciclable!Esquíemos como galegos!

A estación

GrandValira

En realidade GrandValira non é unha estación senón un conxunto de estacións que se foron unindo co tempo. Hoxe en día está composta dos seguintes sectores:

  • ENCAMP
  • CANILLO
  • EL TARTER
  • SOLDEU
  • GRAU ROIG
  • PAS DE LA CASA

O Forfait

O forfait é a tarxeta que nos da acceso aos remontes da estación (a montaña é de todos, así que se queremos subir andando podemos facelo gratis!) Debemos de levalo sempre con nós, no peto do pantalón ou da manga. Antes de coller o remonte hai que pasalo pola máquina, unha especie de torno que o detecta ao achegarnos, non fai falta sacalo que fai frío! **OLLO: O voso só permite usar os remontes dos sectores de SOLDEU-EL TARTER (o dos profes nos deixa ir a todos, je, je!)

En pistas

Tipos de pistas

As pistas están clasificadas por cores, de menor a maior dificultade. Así aparecen nos mapas e nos postes que as delimitan. * OLLO, ás veces algunha azul pode ser máis difícil que unha vermella, ou unha vermella máis complicada cunha negra!

  • VERDES: as máis fáciles, para debutantes, anchas e con pouca pendente.
  • AZUIS: a cousa vaise estreitando e empinando, pero soen ser fáciles en xeral, aínda que poden ter algún tramo complicado.
  • VERMELLAS: vale, aquí xa nos vamos entendendo. Se queremos baixar sen perigo, para nós e para os demais, e disfrutar da baixada, temos que controlar. Absterse destas pistas os primeiros días, será o mellor...
  • NEGRAS: as máis difíciles, só para expertos. De momento mellor velas de lonxe, e admirar como baixa o persoal.

Neste mapa do sector de EL TARTER, podemos ver unha pista verde (máis ben unha zona verde moi ancha, que é onde estaredes os primeiros días)Tamén varias azuis, como ESQUIROL ou GALL de BOSC, pola que intentaremos baixar todos o mércores. Moi fácil, e vai polo medio do bosque!Tamén hai vermellas, como CORB ou ISARD.E negras, como VOLTOR, FALCÓ, etc.

En pistas

Tipos de remontes

  • TAPIZ (CINTA): unha especie de alfombra que se move, como a dos aeroportos. Para os moi, moi debutantes.
  • CORDA: en algunhas pistas, se non collemos suficiente velocidade, ás veces, no último tramo, hai que axudarse dunha corda.
  • TELEARRASTRE (PERCHA): case sempre individual, aínque as hai dobres. Teremos que caernos un par de veces para aprender a collelas! Os snow-bordes teñen que desatar un pé antes e volvelo atar despois. Como os pementos de Padrón, algunhas son fáciles..., e outras non.
  • TELESILLA: o máis habitual, hainos de 2, de 4, de 6, de 12. Nos Alpes hai algúns descapotables e con asentos calefactables, pero non en GrandValira, desgrazadamente. Hai que estar atentos nas colas para non caerse ao collelo (e provocar retrasos aos demais, porque se para), para non perder os paos ou guantes no traxecto, para no espetarse ao baixar, etc. Se non podemos ir os 4 ou 6 amigos xuntos non pasa nada, nos vemos arriba, pero non montar o número antes!
  • TELECABINA (OVO): E o primeiro que collemos en EL TARTER. Atentos para colocar os esquís ou táboa nos soportes de fóra antes de subir, e logo acordarse de collelos!

Caldea

Spa (salutem per aquam)

  • En latín soa mellor, pero a idea é a seguinte: conseguir a saúde, o benestar, a través da auga.
  • Iso é o que nos promete Caldea.
  • Despois de 5 días de esquí non vén mal unha boa inmersión en augas varias (frías, quentes, tempadas), saunas, chorros a presión e demais inventos.
  • Sobre todo se a cita é o venres, antes de meternos no bus.
  • Garantía de un bo sono reparador na viaxe de volta.

  • Qué necesito?

Para Caldea necesito...

En pelotas creo que non deixan...

BAÑADOR

TOALLA

Non vale roubar a do hotel o día anterior!

MOCHILA OU BOSA

Para meter a roupa sucia despois e levar a limpa antes. Recordade que vimos directamente de pistas.

VOLVER

SOS

Iso o primeiro. Este mandamiento se concreta en dous (ou máis...):

  • elixir a pista axeitada ao meu nivel
  • estar vivos e atentos nos remontes para non liala. Tanto ao SUBIR como ao BAIXAR.
  • mirar antes de iniciar ou proseguir un descenso. Os peores accidentes son de choques con outros esquiadores/snowbordes
  • RESUMINDO: sentidiño

Prudencia

En caso de espetamento

Vale, fomos bos e cumprimos todo o anterior. Pero nos espetamos e cremos que hai algunha lesión e necesitamos axuda.

  • en primeiro lugar atender ao ferido e sinalizar o lugar do accidente con os esquís en cruz para evitar que nos pasen por enriba (ver imaxe superior)
  • avisar a un pisteiro ou a calquera traballador da estación (personal de remontes, monitores etc.) > eles xa se encargan de chamar aos servizos de emerxencia e trasladar ao accidentado ao centro médico. (a ver, creo que a baixada en moto de neve ou camilla é bastante molona, pero tampouco é plan lesionarse adrede para probar...)
  • avisarnos a nós polo móvil

LIGAZÓNS RECOMENDADAS

A web oficial da estación.

Grandvalira

Web oficial de Turismo de Andorra

VisitAndorra

Pronóstico do tempo completo, dunha semana.

Snow-Forecast.com

Web oficial do hotel Comtes D´Urgell

O noso hotel

Listaxe de material