Want to make creations as awesome as this one?

No description

Transcript

Con libros...

FelizNadal

Biblioteca do CEIP Vales VillamarínNadal 2018

Había unha cova e dentro dela un animal moi moi pequeniño. O pobre non podía saír nunca porque fora esperábao o lobo, algo famento. O lobo facíase o simpático para que o animal saíse, pero este non se deixaba enganar pese á insistencia e perseveranza do lobo. Os días irán pasando e ao final o pequerrecho terá un momento de debilidade e sairá. Miúda sorpresa nos levaremos todos! En especial o lobo.

Este Superpreguntones XXL dedicado ás ciencias axudará a todo o mundo a atopar resposta a moitas preguntas curiosas de diversas áreas científicas (astronomía, física e química, xeografía, matemáticas, medicina, paleontoloxía, zooloxía...). Son 365 preguntas, unha ao día, ilustradas e con información complementaria..

Unha enciclopedia enorme, impactante, delirante e incrible, con páxinas que deixan coa boca aberta e imaxes que se saen literalmente do libro. Sabías que os europeos lanzamos os nosos foguetes desde un territorio francés que está preto de Brasil? E que a Lúa está a menos de 400.000 kms da nosa casa? E que foi un ruso en 1900 quen imaxinou como serían os satélites de comunicacións? Este volume descubriranos moitas cousas pero tamén nos deixará ben claro que queda tanto por saber...

Boas festas!