Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

AS FUNCIÓNS VITAIS DO SER HUMANO: A NUTRICIÓN

NUTRICIÓN

RELACIÓN

REPRODUCIÓN

Función de nutrición

1 FUNCIÓN DE NUTRICIÓN

- A función de nutrición permite aos organismos vivos obter os materiais e a enerxía que necesita.- A función de nutrición realízase nos seguintes aparellos: - Aparello dixestivo - Aparello respiratorio - Aparello circulatorio - Aparello excrector.

Aparello dixestivo

Aparello circulatorio

Aparello respiratorio

Aparello excrector

Glándulas salivares

Boca

Farinxe

Esófago

Fígado

Estómago

Páncreas

Intestino delgado

Intestino groso

Ano

APARELLO DIXESTIVO

QUE É? É o orificio de entrada do aparello dixestivo. Nela atópanse os dentes, a lingua, os labios e as glándulas salivares. CALES SON AS SÚAS FUNCIÓNS? Esmiuzar os alimentos cos dentes e mesturalos coa saliva coa axuda da lingua para formar o bolo alimenticio. Albergar os receptores sensoriais do sentido do gusto, que se atopan sobre todo na lingua.

QUE SON? Son unhas glándulas que se atopan arredor da boca. CAL É A SÚA FUNCIÓN? Producen a saliva, que se encarga de: - Humedecer os alimentos e facilitar a súa mastigación. - Axudar a tragar os alimentos. - Manter os dentes limpos.

QUE É? É un músculo en forma de tubo que comunica a farinxe co estómago. Mide arredor de 30 cm. CAL É A SÚA FUNCIÓN? Trasladar os alimentos desde a boca ata o estómago.

QUE É? É un músculo en forma de tubo que comunica o aparello dixestivo e o respiratorio. Tamén está comunicado co oído. CALES SON AS SÚAS FUNCIÓNS? - Permite o paso dos alimentos ao esófago. - Permite o paso do aire.

QUE É? É un órgano moi grande de cor vermello escuro que pesa arredor de 1,5 kg. Atópase debaixo do diafragma. CALES SON AS SÚAS FUNCIÓNS? - Segrega a bile, que é un líquido que se almacena na vesícula biliar e que se verte no intestino delgado para axudar na dixestión. - Eliminar toxinas do corpo, por exemplo o alcohol.

QUE É? É unha glándula alongada que se atopa detrás do estómago. CALES SON AS SÚAS FUNCIÓNS? - Fabrica a insulina (axuda a manter os niveis de glucosa axeitados). - Fabrica o zume pancreático que vai ao intestino delgado e axuda a dixerir os alimentos.

QUE É? É un saco muscular situado entre o esófago e o intestino delgado que pode ensancharse para almacenar o bolo alimenticio e descompoñelo. CALES SON AS SÚAS FUNCIÓNS? - Fabricar zumes gástricos que axudan a descompoñer o bolo alimenticio. (Por exemplo, a pepsina é un zume gástrico que descompón as proteínas). - Enviar a comida ao intestino delgado de maneira controlada. - Absorber algúns nutrientes.

QUE É ? É un músculo en forma de tubo que comunica o estómago co intestino groso. Nunha persoa adulta mide entre 6 e 7 metros. Divídese en tres partes: - Duodeno -Xexún -Íleon CALES SON AS SÚAS FUNCIÓNS? - Terminar a dixestión dos alimentos coa axuda da bile procedente do fígado e dos zumes pancreáticos procedentes do páncreas. - Absorber os nutrientes.

QUE É? É un órgano longo en forma de tubo que conecta o intestino delgado co ano CALES SON AS SÚAS FUNCIÓNS? -Absorber a auga. - Almacenar as feces ata a súa expulsión.

QUE É? É un orificio que se atopa ao final do intestino groso. CAL É A SÚA FUNCIÓN? - Permitir a saída das feces ao exterior.

CORAZÓN

ARTERIAS

VEAS

CAPILARESSANGUÍNEOS

SANGUE

QUE SON? Son vasos sanguíneos pequenos, finos e elástcos (como cabelos) que forman unha rede e se reparten por todo o corpo. CALES SON AS SÚAS FUNCIÓNS? - Levar nutrientes e osíxeno ás células. - Recoller as substancias de refugallo.

QUE É? O corazón é unha bolsa composta por músculos e vasos sanguíneos que entran e saen del. Está situado entre os pulmóns e detrás do esterno. O músculo do corazón recibe o nome de miocardio e funciona de maneira automática. O interior do corazón está dividido en catro cámaras ( dúas aurículas e dous ventrículos) separados por unhas válvulas. A parte dereita e a esquerda do corazón están divididas por un tabique , de maneira que funcionan como dous corazóns independentes. CAL É A SÚA FUNCIÓN? - Bombear sangue a todas as partes do corpo.

QUE SON? Son condutos sanguíneos de paredes grosas e resistentes que saen do corazón e se ramifican por todo o corpo. A arteria máis importante do organismo é a AORTA, que sae desde o corazón. CAL É A SÚA FUNCIÓN? - Transportar o sangue rico en osíxeno e nutrientes desde o corazón a todas as partes do corpo.

O sangue é un órgano líquido que está formado por: 1.- O PLASMA É a parte líquida do sangue. Contén moitas proteínas. 2.- AS CÉLULAS SANGUÍNEAS. Son de tres tipos: GLÓBULOS VERMELLOS.- Son as células màis abundantes do sangue. Conteñen hemoglobina, que é de cor vermello e que lle aporta esa cor ao sangue. Función: Encárganse de levar o osíxeno desde os pulmóns a todas as células do corpo. GLÓBULOS BRANCOS.- Tamén se chaman leucocitos. Función: Encárganse de protexernos do ataque de bacterias, virus, parasitos e fungos. PLAQUETAS.- Función: Producen substancias que cicatrizan as feridas.

QUE SON? Son vasos sanguíneos de paredes máis finas e superficiais que as arterias que chegan ao corazón desde todas as partes do corpoo o corpo. As veas máis importantes do organismo as CAVAS, que chegan ao corazón. CAL É A SÚA FUNCIÓN? - Transportar o sangue pobre en osíxeno que contén dióxido de carbono desde todas as partes do corpo ata o corazón.

APARELLO RESPIRATORIO

FOSAS NASAIS

FARINXE

LARINXE

PULMÓNS

TRÁQUEA

BRONQUIOS

BRONQUIOLOS

ALVEOLOS PULMONARES

QUE É? É un órgano cartilaxinoso en forma de tubo que se sitúa entre a farinxe e a tráquea. CAL É A SÚA FUNCIÓN? - Producir a voz. - Controlar o paso do aire. - Controlar o paso dos alimentos.

QUE SON? Son dúas estruturas ocas divididas por un tabique que comunican co exterior a través dos orificios do nariz. CALES SON AS SÚAS FUNCIÓNS? - Quentar, humedecer e filtrar o aire que respiramos. - Relacionarnos co exterior a través do sentido do olfacto.

QUE SON? Son os dous condutos cartilaxinosos que resultan da bifurcación da tráquea. CAL É A SÚA FUNCIÓN? - Conducir o aire ata os alveolos pulmonares.

QUE SON? Son os tubos máis finos en que se dividen os bronquios. CAL É A SÚA FUNCIÓN? - Permitir o paso do aire ata os alveolos pulmonares.

QUE É? É un tubo formado por 16 aneis cartilaxinosos que conecta a larinxe cos bronquios. CAL É A SÚA FUNCIÓN? - Permitir o paso do aire cara ós pulmóns.

QUE SON? Son dous órganos esponxosos en forma de cono. O pulmón dereito está dividido en tres seccións que se chaman lóbulos e o pulmón esquerdo está dividido en dous lóbulos. CALES SON AS SÚAS FUNCIÓNS? - Absorber o osíxeno do aire. - Expulsar o dióxido de carbono.

QUE É? É un músculo en forma de tubo que comunica o aparello dixestivo e o respiratorio. Tamén está comunicado co oído. CALES SON AS SÚAS FUNCIÓNS? - Permite o paso dos alimentos ao esófago. - Permite o paso do aire.

QUE SON? Son sacos diminutos situados ao final dos bronquiolos, de paredes moi finas, rodeados de numerosos capilares sanguíneos. CAL É A SÚA FUNCIÓN? - Permitir o intercambio de gases (osíxeno e dióxido de carbono) entre o aire e o sangue. .

RIL

URÉTER

VEXIGA

URETRA

PEL

QUE SON? Os riles son un par de órganos do tamaño do puño dun neno e con forma de faba que se atopan na parte posterior do abdome, xusto por enriba da cintura. Cada un pesa arredor de 150 g. CALES SON AS SÚAS FUNCIÓNS? - Producir a urina. - Filtrar o sangue e extraen as substancias tóxicas do organismo. - Eliminar o exceso de sales minerales, coma o potasio.

QUE SON? Son dous condutos ocos duns 30 cm. de lonxitude que van desde os riles ata a vexiga. CAL É A SÚA FUNCIÓN? - Transportar a urina desde os riles ata a vexiga.

QUE É? Ë un órgano muscular en forma de bolsa ou saco. CAL É A SÚA FUNCIÓN? - Almacenar a urina procedente dos riles.

QUE É? Conduto en forma de tubo que sae da vexiga. CAL É A SÚA FUNCIÓN? - Expulsar a urina ao exterior mediante a micción.

QUE É? A pel é o órgano máis grande e máis pesado do corpo humano. Ocupa aproximadamente 2 m2. e pesa arredor de 5 kg. O grosr da pel varía dunhas partes do corpo a outras; así, é máis grosa nas plantas dos pés e nas palmas das mans e máis fina nas pálpebras. CALES SON AS SÚAS FUNCIÓNS? - Controlar a temperarura corporal por medio da suor producida nas glándulas sudoríparas. - Expulsar ao exterior substancias nocivas a través das glándulas sudoríparas e sebáceas. - Fabricar vitamina D. - Protexer o corpo de lesións, deshidratación e raios ultravioleta. - Ser o órgano do sentido do tacto.

VEA CAVA

ARTERIA AORTA