Imagen interactiva
reysolo16
Created on Mon Jun 04 2018 11:46:37 GMT+0000 (Coordinated Universal Time)
No description
More creations to inspire you
HISTORY OF THE EARTH
Presentation
WWII JUNE NEWSPAPER
Presentation
THE EUKARYOTIC CELL WITH REVIEW
Presentation
WWII TIMELINE WITH REVIEW
Presentation
SPANISH: PARTES DE LA CASA WITH REVIEW
Presentation
CHARLOTTE'S WEB PRESENTATION WITH REVIEW
Presentation
PRIVATE TOUR IN SÃO PAULO
Presentation
Transcript
ABECEDARIO DO CAMIÑO
ALBERGUE
Lugar no que un peregrino encontra hospedaxe ou resgardo.
BORDON
Bastón co que viaxaba o antigoperegrino. Consistía nunha larga e recta vara, case sempre superior en altura ao ombreiro do usuario, feita de madeira resistente e de certo grosor, rematada na súa parte superior nun pomo, as veces cunha grosa moldura circular cara ao centro, e que podía incluír no borde inferior unha punteira metálica terminada en punta.
COMPOSTELA
ACompostelaé un documento que se entrega en Santiago de Compostela a todo aquel peregrino que fixera o Camiño por motivos relixiosos ou espirituais.
CREDENCIAL DO PEREGRINO
(conten a letra D) Acredencial do peregrinoé un documento imprescindible se queres ter aloxamento nos albergues públicos e solicitara Compostelaao chegar a Santiago. É un impreso parecido a un pasaporte no que se van estampando os selos de albergues ou de lugares de interese como igrexas, parroquias…
ETAPAS DO CAMIÑO PRIMITIVO
O Camiño Primitivo é ese axeitado punto de partida para descubrir a senda do primeiro Camiño coñecido, a que tomou Alfonso II o Casto, no século IX para visitar a recen descuberta tumba do Apóstolo Santiago.
FRECHA AMARELA
Un dos símbolos máis internacionais doCamiño de Santiagoé afrecha amarela, pintada a brocha en calzadas, casas, valados ou árbores. Ten unha orixe recente, pois naceu en 1984 por iniciativa dun sacerdote de O Cebreiro, Elías Valiña, que sinalizou deste modo, dende Roncesvalles ata Santiago, todo oCamiño Francés.
GUÍADO CAMIÑOPRIMITIVO
Toda a información necesaria sobre etapas, distancias ou os puntosdeinterese que che permitirán gozar a maxia do CamiñodeSantiago.
HOSPITAL CAMIÑO PRIMITIVO
Hospital é o lugar de acollida, onde terían albergue e alimento os necesitados e viaxeiros. Ao longo da Idade Media a función e o aspecto destes "hospicios" irá cambiando ata converterse, a carón do ano 1500, en dous tipos de institucións cada vez mellor diferenciadas: o albergue de pobres e peregrinos e a enfermería para os enfermos.
IMPERMEABLE
CAPA / PONCHO / CHUBASQUEIRO DO PEREGRINO con extensión traseira para cubrir as mochilas - Deseñado especialmente para os peregrinos do Camiño de Santiago - Grandes dimensións, con medias mangas laterais que impiden a entrada da choiva e extensión traseira para cubrir a mochila.
KILÓMETRO DO CAMIÑO
Coñécense polo nome de piares miliarios ou “cairn” aosfitos de pedra (mojón en castelán) que marcan a distancia entre un punto en concreto e Santiago de Compostela.
LENDASDO CAMIÑO
Historias, transmitidas oralmente de peregrino en peregrino nas reunións para tomar forzas, chegan ata os nosos dias gracias a que moitas delas foron recollidas por escrito en códices dos mosteiros, noCodex Calixtinusde Aymeric Picaud e noutros documentos.
MOCHILA DO PEREGRINO
Bolso con correas para poñer as costas e con distintos compartimentos e capacidade para levar a equipaxe dos peregrinos.
NATUREZA NO CAMIÑO
Parques naturais, paisaxes sorprendentes e zonas de valor ecolóxico excepcional que podemos encontrar ao longo do camiño.
OFICINA DE TURISMO
Lugar de información sobre calquera aspecto do camiño.
PEREGRINO
Viaxeiro que, por devoción ou por voto, visita un santuario ou algún lugar considerado sagrado. Na súa acepción máis xeral é todo aquel que anda por terras estrañas. En sentido estrito, para o español de relixión católica, peregrino é quen se dirixe ácatedral de Santiago de Compostelaa visitar a tumba doapóstolo.
QUEIXO
Caracterízase por unha elaboración artesanal con leite pasteurizada de máxima calidade. Estes queixos elabóranse seguindo prácticas tradicionais e resultan inconfundibles pola súa calidade, aroma, textura e sabor, son recoñecidos popularmente por todos os galegos.
RELIQUIASDOAPÓSTOLO
Enténdense como tales os restos óseos e determinados obxectos que poderían ter pertencido ou estar en contacto coapóstoloSantiagoo Maior. Dos primeiros, consérvanse os fragmentos depositados na furna de prata da cripta dacatedral de Santiago de Compostela
SANTIAGOAPÓSTOLO
Como Patrón deEspañaque é, Santiago o Maior (máis coñecido como Santiago Apóstolo) tamén o é de numerosos pobos e cidades que o día 25 de xullo celebran na súa honra festas tanto pagás como relixiosas.Santiago de Compostelaé a cidade que maiores festas organiza na súa honra. A catedral da cidade acolle eses días a maior afluencia de peregrinos do ano.
TARTA DE SANTIAGO
A Tarta de Santiago ou Torta compostelá, é un doce tradicional da cociña galega, concretamente de Santiago de Compostela. A receita componse principalmente por amendoas, azucre e ovos e non contén glute.
UCES NO CAMIÑO
Arbusto da familia das ericáceas do que existen varias especies moi comúns nos montes de Galicia de follas moi pequenas flores brancas ou malvas tamén miúdas e que alcanza ata os tres metros de altura segundo a variedade de que se trate. Reciben moitos outros nomes comúns galegos como: torgas, breixos, carrascos, queirogas, ...,
VIEIRA
Tradicionalmente a tódolos peregrinos que chegaban a Santiago de Compostela entregábaselles un documento acreditativo e concedíaselles unha cuncha de vieira para colocala no sombreiro ou na capa. Portar a concha de vieira era considerado como una forma de tributo ao Apóstolo, como xa se indicaba nos textos doCódice Calixtino. Creada como un símbolo identificador do camiño e non como indicador direccional. Soe aparecer xunto á frecha amarela que é a que realmente indica a dirección a seguir e tamén esculpida en igrexas, monumentos e nos piares miliarios de pedra.
XACOBEO
Son os denominadosanos xacobeos ou anos santos composteláns. DenomínaseAno Santo Compostelánaquel no que o25 de xullo, festividade do martirio doApóstolo Santiago, coincide en domingo. Nel, os crentes poden conseguir a indulxencia plenaria, quedando completamente absoltos de todos os seus pecados.
ZURRÓN
Durante a Idade Media e nos séculos seguintes o zurrón era, xunto co bordón, o elemento máis característico daindumentaria do peregrino, como ben se encarga de resaltar oCodex Calixtinus(s. XII). O zurrón tiña forma rectangular ou trapezoidal -más moderna- e era de pequenas dimensións. Suxeitábase ao tronco cunha longa correa de coiro disposta en bandoleira e adornábase cunha ou varias conchas de vieira.