Full screen

Share

Show pages

TEXTOS QUE CONTEÑAN A PALABRA RODO:
1999- ANXO ANGUEIRA VITURRO
O forno roxou . A muller tira co rodo o remol abrasador do soio
para a lareira . Logo pasa pola cova branca o vasallo de loureiro .
Do ramallo estalan as follas verdes en faíscas . Mete coa pa a
empanada e pon unhas ascuas no regazo . O fume transparente enche
a casa toda dunha morna caloriña que se esvae por antre as tellas .

O RODO
Utensilio formado por un mango que ten nun dos seus extremos unha táboa perpendicular en forma de semicírculo e que se utiliza para xuntar as brasas ou a cinsa no forno, o gran na eira etc.

Next page