Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

Convocadas prazas nos Centros Residenciais Docentes de Vigo, Ourense e Coruña 2023/2024

REQUISITOS

REQUISITOS:1. Estar matriculado/a en estudos postobrigatorios non universitarios nalgún dos centros docentes indicados no artigo 1 desta orde no curso 2023/24 (centros públicos ou privados concertados situados nos termos municipais da Coruña, Culleredo, Ourense e Vigo).2. Non repetir curso nin ter abandonado o curso iniciado. Non obstante, o alumnado que obtivo praza de residencia e non progresou ao curso seguinte ou abandonou o curso iniciado, poderá presentar solicitude de praza de residencia unha única vez máis para cursar un estudo distinto. Excepcionalmente, por causas debidamente xustificadas, a Comisión de Valoración poderá eximir de forma motivada do cumprimento destes requisitos, á vista da proposta que efectúe o centro residencial e do informe da inspección educativa, para que poid 3. Non ter sido expulsado/a no curso anterior dun centro residencial nin estar sometido/a a un procedemento disciplinario en trámite, por algunha das condutas gravemente prexudiciais para a convivencia descritas no artigo 15 da Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa.4. A persoa solicitante deberá estar matriculada nunha modalidade dun nivel educativo ou nunha familia profesional ou especialidade dun ciclo formativo, que: a) Non se imparta en ningún centro sostido con fondos públicos da localidade de residencia habitual da unidade familiar á cal pertenza. b) Tampouco se imparta nunha localidade que, pola súa proximidade á de residencia habitual ou polos medios de comunicación dispoñibles, permita o desprazamento diario con facilidade. Excepcionalmente, por circunstancias persoais ou familiares moi graves debidamente xustificadas, a comisión de valoración poderá eximir de forma motivada do cumprimento deste requisito, á vista da proposta que efectúe o centro residencial e dos informes que se consideren oportunos.Existen ademais outros requisitos económicos e unha valoración académica para obter unha praza bonificada (*ver orde da convocatoria).

PRAZAS VACANTES, COMPATIBILIDADES

EN CASO DE SOBRAR VACANTES:

  • As persoas que estean en posesión dun título académico dun determinado nivel e modalidade educativa ou dun determinado ciclo formativo non poderán obter praza de residencia para realizar estudos do mesmo nivel ou dun nivel equivalente (agás que unha vez adxudicadas as prazas ás persoas admitidas, seguisen existindo prazas vacantes).
  • Se, adxudicadas as prazas a todas as persoas admitidas, houbese vacantes, estas poderán ser cubertas con alumnado universitario, tendo que abonar a cantidade de 3.531,61 € podendo fraccionarse en tres prazos.
  • Se, unha vez adxudicadas as prazas ao alumnado matriculado en estudos postobrigatorios non universitarios no curso académico 2023/24, seguisen existindo prazas vacantes, poderán adxudicarse a alumnado matriculado en formación profesional básica que reúna os demais requisitos previstos nesta orde.
COMPATIBILIDADES COA BOLSA DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN:
  • A condición de persoa adxudicataria de praza de residencia gratuíta é compatible coas axudas da convocatoria xeral de bolsas e axudas ao estudo, agás aquelas que teñan como compoñente o pagamento de gastos de comedor e/ou residencia escolar.
  • A obtención de praza de residencia non gratuíta é compatible coas indicadas axudas, sempre que o importe da axuda destinado a gastos de comedor e/ou residencia escolar non supere a cantidade que ten que aboar.

PRAZOS E PUBLICACIÓN DE LISTAXES

PRAZO ORDINARIO:

  • Para os solicitantes matriculados en BACHARELATO, entre o 7 de xuño e o 12 de xullo de 2023.
  • Para os solicitantes matriculados en CICLOS FORMATIVOS, entre o 7 de xuño e o 1 de agosto de 2023.
  • Publicación da listaxe provisional: o 22 de agosto de 2023.
  • Prazo para formular a reclamación: ata 5 días hábiles despois da publicación da listaxe.
  • Publicación da listaxe definitiva e da adxudicación de praza: O 4 de setembro de 2023.
PRAZO EXTRAORDINARIO:
  • Cando feita a adxudicación de prazas no período ordinario existan no respectivo centro residencial prazas vacantes , abrirá un prazo de presentación de solicitudes do 4 ó 8 de setembro de 2023.
  • Publicación da listaxe provisional: 18 de setembro 2023.
  • Prazo para formular reclamación: Ata o 25 de setembro de 2023.
  • Publicación da listaxe definitiva e da adxudicación de praza: 29 de setembro de 2023.
PUBLICACIÓN DAS LISTAXES: Páxina web da Consellería (edu.xunta.gal), taboleiros e páxina web dos respectivos CRDs.

ENLACES PARA INFORMARSE

ENLACES:

  • CONVOCATORIA con toda a información e os impresos de solicitude: ORDE do 16 de maio de 2023 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2023/24.
  • Información na web da Consellería.
  • CRD A Coruña
  • CRD Vigo
  • CRD Ourense
  • Folleto informativo

SOLICITUDES

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal Opcionalmente, poderán presentarse as solicitude presencialmente no centro residencial docente e en calquera dos lugares e rexistros establecidos na norma reguladora do procedemento administrativo común. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). O formulario normalizado de solicitude e o de comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar (anexo I e II), ademais estarán dispoñibles:b) No portal educativo, enderezo https://www.edu.xunta.gal/portal/node/40089c) Nas dependencias dos centros residenciais docentes.

PREZOS DA PRAZA ADXUDICADA

PREZOS DA PRAZA ADXUDICADA: A praza adxudicada pode ser gratuíta ou bonificada, en función da renta. Adxudicación de praza de residencia gratuíta:1. Cando a renda da unidade familiar sexa igual ou inferior ao limiar 2 fixado polo Real decreto 154/2022, do 22 de febreiro, do Ministerio de Presidencia, Relacións coas Cortes e Memoria Democrática, polo que se establecen os limiares de renda e patrimonio familiar e as contías das bolsas e axudas ao estudo para o curso 2022/23, e se modifica parcialmente o Real decreto 1721/2007, do 21 de decembro, polo que se establece o réxime das bolsas e axudas ao estudo personalizadas. 2. Cando se trate de alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia. Adxudicación de praza bonificada: cando a renda da unidade familiar sexa superior ao limiar 2, a persoa adxudicataria deberá aboar anualmente as seguintes cantidades:a) Ata un 10 %: 661,04 €. b) Máis do 10 % e ata un 20 %: 1.013,66 €. c) Máis do 20 % e ata un 30 %: 1.627,19 €. d) Máis do 30 %: 2.414,31 €. O pagamento da cota anual deberá facerse efectivo ao inicio do curso, concretamente antes do 5 de outubro de 2023. En caso de fraccionamento, como máximo en 3 prazos trimestrais, cada unha das cotas deberá facerse efectiva ao inicio do respectivo trimestre, concretamente antes do 5 de outubro de 2023, do 5 de xaneiro de 2024 e do 5 de abril de 2024.

Por Mónica Diz Besada en Mónica Diz Orienta

Ver convocatoria 2023