Want to make creations as awesome as this one?

More creations to inspire you

Transcript

VIAXE A IDADE MEDIA

Benvidos a idade media. Nesta unidade deberedes ir pasando por distintas fases para conseguir as catro estrelas que vos permitirán chegar a Estrela final do alto da torre. Cando o consigades recibiredes unha recompensa. Seredes capaces de chegar?

A idade media

A época Al- Ándalus

NORABOA! Conseguistes as catro estrelas necesarias para chegar ao final. Subide o traballo. Agora a última estrela daravos unha recompensa polo traballo realizado. QUE SERÁ???

A IDADE MEDIA

Lectura do punto 2 da unidade de sociais titulada "O inicio da Idade Media"

Despois de ler as páxinas indicadas e ver o vídeo , deberedes contestar as seguintes preguntas no voso caderno. 1. Que zonas dominou o imperio Romano? 2. Cales foron as causas da caída do Imperio Romano? 3. Cando comeza a idade Media? 4. Quen foi o último emperador Romano? 5. Quen destronou ao último emperador Romano? Unha vez contestadas as preguntas, deberedes realizar a actividade 2, da sección 2 da unidade.

Para finalizar esta sección, propóñovos un reto. Esta vez analizaremos a música da Idade Media. Sabes o que son as cantigas de amigo? Eran textos literarios escritos nas linguas romances para ser cantados. Esta vez analizaremos a música da Idade Media. Sabes o que son as cantigas de amigo? Eran textos literarios escritos nas linguas romances para ser cantados. Na lupa encontrarás uns enlaces que che servirán para investigar e contestar estas preguntas. 1. Quen escribía e cantaba as cantigas? 2. En que idioma estaban escritas? 3. Que Cantigas se descubriron en Galicia?

Xa rematastes todo? NORABOA!! Acabades de rematar a primeira fase e conseguides unha estrela! Xa estades máis cerca do reto final. PD: Pinchade na estrela grande e avanzade a fase 2.

Sabedes que é a historia? e a liña do tempo? Nesta primeira tarefa, deberedes buscar a definición de historia, pegar unha imaxe da líña do tempo e explicala.

4

IDES POR MOI BO CAMIÑO! SEGUIDE ASÍ! Conseguides outra estrela! Pinchade na estrela e avanzade a fase tres.

Un dos recursos que nos aportaron os musulmáns foi o xogo do xadrez. Seguidamente, en parellas practicade e xogade unha partida. Tamén podedes visualizar o vídeo que vos aporto para aprender o básico deste xogo.

Lectura do punto 4 de sociais "AL-ÁNDALUS"

Despois de ler o texto contesta as seguintes preguntas no teu caderno. 1. En que ano entraron os musulmáns para invadir a península ibérica? 2. En que batalla morre o derradeiro rei dos Visigodos? 3. Como se chama o dirixente da invasión mulsumana? 4. Que son os reinos de Taifas? 5. Cando rematan os cristiáns de conquistar a península ibérica e gañar aos musulmáns?

Agora, nesta parte do reto, terás que resolver uns cantos enigmas. Consulta a páxina do libro e descubre como se vivía nas cidades andalusís: organización das cidades, arquitectura, familias, alimentación, educación… Propoñémosche que atopes, buscando na Internet, vilas en España nas que haxa construcións típicas desta época. Para cada caso haberá que achegar un exemplo coa súa imaxe.

  • Baños árabes
  • Alcazaba
  • Mesquita
  • Zoco
  • Arrabal
  • Albaicín

Escribide os feitos máis importantes dende o ano 711 ata o ano 1492. Por exemplo 711: Invasión dos musulmáns. 756-929: Goberno de Abderramán I.

Contesta as seguintes preguntas sobre os reinos cristiáns. 1. Que ocorre no ano 722? 2. Que reinos se organizaron en 1150? Observa o mapa da evolución da Reconquista.

Lede a sección 5 "Os reinos cristiáns" e realizade a actividade 2 que aparece no eva.

Despois de ver a imaxe da organización social, busca a definición de feudo e escríbeo. 1. Podía unha persoa non privilexiada converterse en privilexiado ou en monarca?Por que?

XA LEVADES ADQUIRIDOS BASTANTES COÑECEMENTOS DA IDADE MEDIA!Xa queda menos para chegar ó final. MOI BEN FEITO, conseguides unha estrela e pasades a seguinte fase.

VISUALIZA A PIRÁMIDE DE ORGANIZACIÓN SOCIAL DA IDADE MEDIA.

Escribe as características principais da arte románica no caderno.

INVESTIGABuscade tres igrexas ou catedrais que se caractericen por este estilo románico.

Escribe as características principais da arte gótica no caderno.

O camiño de Santiago e a catedral están ligadas ao estilo románico. A continuación investigade que comunidades autónomas e provincias atravesa este camiño. (Hai información no apartado 8 da unidade) Cal é o símbolo oficial do camiño de Santiago? Engade a imaxe no traballo.Tamén engade unha imaxe da catedral de Santiago.

XA TEDES DOMINADA A ARTE ROMÁNICA E GÓTICA?? Xenial! Conseguides unha estrela.....e xa tedes as catro estrelas necesarias para ir última estrela.Pinchade na estrela ide a ESTRELA FINAL.

Lede o punto 7 da unidade "A arte medieval dos reinos cristiáns" e contesta a pregunta. 1. Que dous estilos de arte predominaban na idade medieval?

INVESTIGABuscade tres igrexas ou catedrais que se caractericen por este estilo románico.

O camiño de Santiago

A arte románica

A arte gótica

CONSEGUICHES 10 MOEDAS !

PROXECTO FINAL

Lapbook sobre a idade media

Que é un lapbook?

Como facer un lapbook?

Ideas

Que debe aparecer mínimo no voso lapbook

  • Inicio e fin Idade media
  • Al-Ándalus( Relixión musulmá, vida nesa época, descripción cidades e avances científicos)
  • Orixe reino cristiáns, explicación reconquista, pirámide organización social.
  • Ruta do camiño de Santiago.
  • Características arte románica e exemplos.
  • Características arte gótica, elaborar vidriera gótica, e exemplos.

Data de entrega

17 de Xuño