Want to make creations as awesome as this one?

No description

Transcript

Alfabeto do Libro

23 abril 2018

CRÉDITOS:http://files.bibliotecauaca.com/200000322-3f22c401c5/dicbook.pdfa https://www.iberlibro.com/libros-antiguos-raros-coleccion/guia-coleccionista-libros/glosario.shtmlhttps://www.sinjania.com/diccionario-de-terminos-sobre-el-libro-electronico/http://latinciamaria.blogspot.com.es/2014/03/letras-capitulares.htmlhttp://www.todolibroantiguo.es/diccionario5-libro-antiguo.htmlhttps://www.pinterest.es/marasylvina/letras-capitales/

APÓCRIFO

Dise do libro de autenticidade dubidosa ou falsamente atribuído a un autor. Tamén son chamados así os libros bíblicos que non están no canon dos considerados auténticos e de inspiración divina pola Igrexa.

BESTIARIO

Obra literaria medieval (moi popular na Inglaterra do século XII), con animais reais ou imaxinarios e narracións cunha finalidade de adoutrinamento moral e teolóxico.

CODEX

Do latín codex, - icis. Dise do libro manuscrito dende finais da Antigüidade preclásica ata o remate da Idade Media, época anterior á invención da imprenta.

DONATO

Sinónimo de gramática. Tratado de gramática inspirado na Ars Grammatica de Elio Donato, unha das obras máis completas e destacadas do seu xénero na antigüidade, traducida e adaptada en múltiples ocasións na Idade Media, donato fíxose sinónimo de gramática.A primeira parte da Ars Grammatica de Elio Donato, breve e simple, está dedicada a aqueles que comezan os estudos gramaticales; estruturada cun modelo de preguntas e respostas, trataba das oito partes do discurso. A segunda parte, dividida en tres libros, trataba de fonética, métrica e estilística. Normalmente estas dúas seccións están identificadas como Ars minor e Ars maior e seguidamente son consideradas dúas obras separadas. Tal separación é consecuencia do progresivo abandono da primeira parte máis simple a favor da segunda máis completa, iniciado na época antiga e consagrado posteriormente en época medieval. O Ars minor permaneceu, de calquera forma, ata o Renacemento como texto útil para iniciar o estudo do latín.

EX-LIBRIS

Etiqueta impresa que acredita ao propietario dun libro e que xeralmente vai pegada no interior da tapa.

FACSÍMILE

Reprodución exacta, por calquera procedemento, do texto e ilustracións dun determinado exemplar impreso ou manuscrito.

GLOSARIO

Texto en forma de dicionario, vocabulario, léxico, lista ou catálogo, cuxa finalidade é aclarar o sentido de palabras raras, en desuso, escuras ou técnicas a través de definicións con outras palabras da mesma lingua, más claras e usuais, traducións a outras linguas, sinónimos o outros termos vinculados a un tema específico.

HORARIUM

Libro de Horas. Manuscrito iluminado moi común na Idade Media. Cada libro de Horas é único, debido a que se facía exclusivamente para unha determinada persoa. Adoita conter textos de rezos, salmos, así como abundantes iluminacións alusivas á devoción cristiá.

INCUNABLE

Obra impresa desde a invención da imprenta ata principios do século XVI. Adoita reservarse esta denominación para os documentos en tipos móbiles do século XV.

KINDLE

Un dos dispositivos de lectura electrónica más coñecido e propiedade de Amazon.

LIBRO ELECTRÓNICO (E-book)

Arquivo informático que contén todo o texto dun libro. Hai diferentes tipos de arquivos de libros electrónicos para ser lidos ben cun lector electrónico específico o ben en calquera computador, asistente persoal dixital ou lector dixital.

MINIAR

Do latín minium (colorante vermello). Pintar miniaturas para iluminar un códice medieval.

NERVIOS

Son as cordas, cordeis ou bramantes que se colocan no lombo do libro para reforzar a encadernación e que producen uns saíntes unha vez encadernado. Orixinalmente estaban feitos con nervio de cabalo ou outros animais, na actualidade adoitan ser unhas tiras de cartón que se pegan e cruzan ao lombo transversalmente para unha vez forrado pola pel mellorar a estética do libro.

OPAC

(On Line Public Access Catalogue)Catálogo en liña dos materiais dunha biblioteca, de acceso público. Catálogo que pode consultarse virtualmente e que substitúe aos tradicionais ficheiros das antigas salas de consulta.

PAPIRO

Soporte de escritura confeccionado polos antigos exipcios a partir do talo dunha planta herbácea propia de terreos anegados, co talo triangular de dous ou tres metros de altura, follas longas e estreitas e flores filiformes. Moitos manuscritos antigos foron realizados nestas follas.

QUMRÁN

Os rolos de Qumrán ou manuscritos do Mar Morto, chamados así por atoparse en covas situadas en Qumrán, á beira do mar Morto, son unha colección de 972 manuscritos. A maioría datados entre os anos 250 a. C. e 66 p. C, redactados en hebreo e arameo, e só uns poucos en grego . Parte destes manuscritos constitúen os testemuños máis antigos dos textos bíblicos. Son aproximadamente unhas 200 copias, moi fragmentadas, da maior parte dos libros da Biblia hebrea.

ROLO

Formato antigo dos manuscritos no que os pregos uniánse un tras outro compoñendo unha superficie larga que se almacenaba enroscada.

SCRIPTORIUM

Nos mosteiros, dependencia onde se facían as copias dos libros.

TOMO

Cada unha das partes con paxinación propia e encadernadas, polo común, separadamente en que se dividen as obras impresas ou manuscritas de certa extensión co fin de facilitar o seu manexo e constitúe un todo único. É por tanto, a unidade racional e ideolóxica que fai o propio autor da obra ou o editor, e significa unha parte do contido ou materia da mesma.

UBICUIDADE

Un lector ten a potestade de estar presente en varios sitios a un tempo: velaí unha das maxias da lectura e dos libros. Cando lemos os libros metémonos nas súas historias e podemos estar, á vez, no lugar real onde nos atopamos fisicamente e nas xeografías fantásticas e imaxinarias onde se sitúan a acción e as persoas que constitúen a trama do libro.

VINDEL

O Pergamiño así chamado, aproximadamente do século XIII, é un manuscrito senlleiro da lírica medieval en xeral e da galego-portuguesa en particular. Contén sete cantigas de amigo de Martín Códax acompañadas seis delas da súa correspondente notación musical. Este vestixio, o máis antigo conservado das cantigas de amigo, foi descuberto a principios do século XX polo libreiro autodidacta Pedro Vindel (de aí o seu nome) na encadernación dun códice do século XIV que contiña unha copia manuscrita do De Officiis ciceroniano.

XILÓFAGOS

Dise dos insectos que se alimentan da madeira e os seus produtos derivados. Inimigos do libro en soporte tradicional ao igual que o lume ou a auga.

ZARATUSTRA

Bibliotecario que aparece no conto de María Victoria Moreno (autora do Día das Letras de 2018) "O libro das saudades e os degoiros": Eu non me chamo Zaratustra, mais por Zaratustra son coñecido na biblioteca e na vila toda (...) son gardián de moitos libros, son confidente de moitos corazóns novos e son Zaratustra.

DÍA DO LIBRO 2018

FELIZ DÍA!