Want to make creations as awesome as this one?

No description

Transcript

Dereitos: leis que regulan e defenden a situación da muller nunha sociedade.

Galega: muller forte e con carácter.

Empoderamento: aumento da participación da muller nos procesos á hora de tomar decisións e o acceso ao poder.

Activismo: defensa que realizan as mulleres a favor da igualdade.

Feminismo: doutrina que defende a igualdade entre a muller e o home.

Coeducación: educación en igualdade para nenas e nenos.

Balanza: instrumento que representa o equilibrio entre mulleres e homes.

Talento: capacidade intelectual e creativa ou habilidade natural que ten unha muller para desempeñar con acerto unha arte ou un oficio.

Sufraxista: muller que loita polo voto feminino.

Xénero: trazos, condutas e valores que a sociedade lles atribúe aos homes e ás mulleres.

Zasca: xesto que se fai coas mans e cos brazos para aclamar e expresar admiración pola muller.

Igualdade: situación ou contexto en que a muller e o home teñen os mesmos dereitos e as mesmas oportunidades.

Valentía: calidade da muller que afronta os perigos e dificultades sen deixarse vencer polo medo ou o desánimo.

Señora: tratamento de cortesía e de respecto que se utiliza para dirixirse a unha muller.

Paridade: igualdade en número e dereitos dos distintos colectivos que compoñen a sociedade e que deben formar parte dos órganos de goberno.

Nobreza: calidade moral dunha muller.

Querenza: inclinación afectiva que unha muller sente pola súa terra.

Rosalía: poeta galega do ségulo XIX que defendía os dereitos e a liberdade da muller.

Oportunidades: situación favorable en que se favorece a igualdade entre a muller e o home.

Heroína: muller con superpoderes.

Loita: esforzo que realiza a muller para ter os mesmos dereitos ca o home.

Muller: persoa de sexo feminino.

Universalidade: calidade de universal aplicada á muller porque é importante e indispensable no mundo.