Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

ACTIVIDADE OBRIGATORIA 1

ONDE VIVEN E COMO SOBREVIVEN - ANIMAIS DOMÉSTICOS E SALVAXES1. Ver o vídeo que está enlazado enriba da actividade. 2. Completar unha ficha segundo a información do vídeo. Pedídella á profesora.

ACTIVIDADE VOLUNTARIA 1

ONDE VIVEN E COMO SOBREVIVEN - ANIMAIS DOMÉSTICOS E SALVAXES 1. Debuxa 4 animais salvaxes e 4 animais domésticos. 2. Pídelle unha folla á profesora para realizar a actividade voluntaria 1.

ACTIVIDADE OBRIGATORIA 2

COMO NACEN - OS ANIMAIS OVÍPAROS, VIVÍPAROS e OVOVIVÍPAROS. 1. Ver os dous vídeos que están enlazados debaixo da actividade. 2. Clasificar unha lista de animais segundo a súa forma de nacer. Pedídelle a ficha á profesora da actividade obrigatoria 2.

ACTIVIDADE OBRIGATORIA 3

QUE COMEN? - OS ANIMAIS HERBÍVOROS, CARNÍVOROS E OMNÍVOROS. 1. Ver o vídeo que está enlazado debaixo da actividade. 2. Ler os códigos QR. 3. Escribe o nome do animal e se é herbívoro, carnívoro ou omnívoro. 4. Pídelle a folla da actividade obrigatoria 3 á profesora.

ACTIVIDADE VOLUNTARIA 2

COMO NACEN? - OS ANIMAIS OVÍPAROS E VIVÍPAROS 1. Resolve as adiviñas propostas sobre animais. 2. Pedídelle a ficha á profesora da actividade voluntaria 2.

ACTIVIDADE VOLUNTARIA 3

QUE COMEN? - OS ANIMAIS HERBÍVOROS, CARNÍVOROS E OMNÍVOROS. 1. Resolve a sopa de letras con nomes de animais herbívoros, carnívoros e omnívoros. 2. Pídelle a folla da actividade voluntaria 3 á profesora.

ACTIVIDADE VOLUNTARIA 4

ONDE VIVEN? - OS ANIMAIS TERRESTRES, ACUÁTICOS E AÉREOS. 1. Utiliza o teu corpo para imitar un animal de cada hábitat. 2. Os compañeiros do teu equipo deben adiviñar de que animal se trata.

ACTIVIDADE OBRIGATORIA 4

ONDE VIVEN? - OS ANIMAIS TERRESTRES, ACUÁTICOS E AÉREOS. 1. Ver os vídeos enlazados enriba da actividade. 2. Busca en Samsung School a actividade obrigatoria 4. 3. Colorea os animais segundo se indica no enunciado, tendo en conta o seu hábitat.

ACTIVIDADE OBRIGATORIA 5FINAL

UTILIZA A TÚA IMAXINACIÓN 1. Inventa un animal que sexa: - Doméstico ou salvaxe. - Ovíparo, Vivíparo ou Ovivíparo. - Herbívoro, Carnívoro ou Omnívoro. - Terrestre, Acuático ou Aéreo. 2. Debúxao, ponlle nome e explica as súas características. 3. Pídelle a folla da actividade obrigatoria 5 á profesora.

OS ANIMAIS