Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

Os Ecosistemas

Relacións

Elementos

Tipos

Elementos

É o lugar e as súas condicións físicas. Está formado polos compoñentes non vivos: rochas, aire, auga, luz, temperatura, humidade, altitude, profundidade...

Todos os elementos dun ecosistema están relacionados, e dependen uns dos outros. As relacións entre os distintos seres vivos poden ser: - alimentarias - da mesma especie - de diferente especie.

Formado polo conxunto dos seres vivos dos 5 reinos que conviven nel.

Individuo: ser vivo ou organismo (cada animal, planta, fungo…) que habita na Terra. Especie: conxunto de individuos capaces de reproducirse en condicións naturais dando orixe a unha descendencia fértil. Poboación: conxunto de individuos dunha mesma especie que ocupa un hábitat determinado nun momento concreto. Comunidade: asociación de distintas poboacións nun ugar determinado entre os cales establécense relación polo espazo, alimento e/ou outros recursos. Ecosistema: conxunto de comunidades que se relacionan entre eles e co medio no que viven.

Tipos

A tundra desenvólvese nas zonas máis setentrionais do planeta e caracterízase por unhas temperaturas moi baixas. Durante a maior parte do ano, o chan da tundra está xeado e só permite o crecemento dunha vexetación rasa formada sobre todo por brións e líquenes, e sen árbores.

Os factores abióticos que condicionan a vida nos ecosistemas terrestres son a temperatura e a humidade. Estes factores son os que determinan o clima e a distribución dos organismos. As grandes diferenzas climáticas que se dan no planeta, desde o ecuador ata os polos, provocan a existencia dunha gran diversidade de ecosistemas.

A selva é propia de climas cálidos e moi húmidos, moi favorables para o desenvolvemento da vida, polo que é o bioma con maior cantidade e diversidade de seres vivos de todo o planeta. Os vexetais característicos son árbores enormes de anchas follas, lianas e plantas epifitas.

É unha zona de augas pouco profundas e ben iluminadas cunha gran riqueza de seres vivos. Na franxa costeira as condicións de vida son difíciles. Os seres que viven nesta zona han de soportar a forza das ondas durante os temporais e a desecación e o frío ou a calor cando o nivel das augas descende. Para facer fronte a estes problemas adoptaron diferentes estratexias como mecanismos que lles permiten adherirse fortemente ás rochas e caparazóns que protexen o seu corpo da deshidratación debida ao Sol e ao vento durante a baixamar.

A auga dos ríos é auga doce, contén menos de 1 gramo/L de sal, e está en continuo movemento cara ao mar. Ao longo do curso dos ríos danse tres zonas ou tramos con características ambientais distintas: - Tramo alto: a pendente da canle é moi pronunciada e a auga descende a gran velocidade. Todos os organismos que viven neste tramo están adaptados á intensa corrente. Os produtores son algas que se adhiren fortemente ás rochas. Os peixes son potentes nadadores, como as troitas. Entre os invertebrados abundan as larvas de insectos que teñen ventosas e ganchos que lles permiten fixarse ao chan e non ser arrastradas pola corrente. - Tramo medio: as augas circulan máis amodo porque a pendente diminúe. Hai un maior número de especies tanto vexetais como animais. Os peixes máis abundantes son os barbos e as carpas. A vexetación que crece nas beiras achega materia orgánica ao río. - Tramo baixo: a circulación da auga é lenta porque a canle do río é practicamente horizontal. As augas adoitan ser turbias e o fondo ten gran cantidade de lodo. Nesta zona é onde se dá a maior diversidade de vexetais e animais. Abundan os gobios, os lucios e as percas. Na desembocadura dalgúns ríos, na zona de contacto entre a auga mariña e a auga doce, fórmanse as marismas, uns ecosistemas de augas salobres moi peculiares cunha gran riqueza de seres vivos, que serven de zona de descanso e alimentación a multitude de aves migratorias.

A estepa é propia de zonas tépedas nas que a escaseza de choiva impide o crecemento das árbores. É un bioma formado por grandes extensións de plantas herbáceas, sobre todo gramíneas, que veñen utilizando desde hai séculos como terras de cultivo e para alimentar ao gando.

Os ecosistemas poden clasificarse en dous grandes grupos segundo o medio no que se desenvolven os organismos que nel habitan: e Ecosistemas acuáticos, nos que o medio é a auga; e Ecosistemas terrestres, nos que o medio é o aire. Os organismos que viven nuns e outros ecosistemas son xeralmente moi distintos porque están adaptados a vivir en entornos con características moi diferentes.

Os ecosistemas acuáticos comprenden todas as zonas da Terra cubertas pola auga: océanos, mares, ríos, lagos, etc. Poden dividirse segundo a salinidade da auga en: e Ecosistemas de auga salgada: mares e océanos; e Ecosistemas de auga doce: ríos, lagos, lagoas, charcas, etcétera. A estes ecosistemas tamén se lles coñece co nome de Ecosistemas Mixtos.

Os únicos produtores da zona oceánica, o fitoplancto, atópanse en por enrriba dos 200 m de profundidade, na zona fótica. Estes microorganismos fotosintéticos son o inicio de todas as cadeas tróficas oceánicas. Na zona afótica, debido á falta de luz solar, só pode haber consumidores, que dependen dos produtores da superficie para vivir. A maior parte destes consumidores son bos nadadores, peixes óseos e cartilaxinosos que poden chegar a ter tamaños moi grandes (como o quenlla balea, que pode medir 15 m de lonxitude), cetáceos, luras, etc. A partir dos 3.000 m de profundidade, na zona abisal, viven seres de aparencia estraña adaptados á escuridade máis absoluta e a soportar unha presión moi alta e temperaturas que roldan os 0 ºC.

Os biomas terrestres.- Naqueles lugares da Terra que, a pesar de estar separados xeograficamente, teñen un clima semellante, xorden ecosistemas equivalentes; é dicir, ecosistemas moi parecidos aínda que con especies distintas. O conxunto de todas as zonas do planeta que teñen unhas condicións climáticas semellantes e desenvolven ecosistemas similares recibe o nome de bioma. Os principais biomas terrestres son: a tundra, a taiga, o bosque tépedo, a estepa, a selva, a sabana e o deserto.

Os desertos danse en rexións nas que as choivas son moi escasas e as temperaturas moi altas durante todo o ano. Nos desertos só poden vivir unhas poucas especies de vexetais adaptadas á falta de auga, como os cactus e algunhas especies de animais, que adoitan ser de costumes nocturnos para evitar a calor.

Os mares e océanos constitúen un enorme ecosistema acuático que cobre máis dun 70 % da superficie do planeta. A auga mariña caracterízase por conter unha gran cantidade de sales en disolución (35 g/L). Todos os seres vivos mariños están adaptados a esta concentración de sales tan alta e posúen mecanismos para evitar a perda de auga. Os océanos e mares poden dividirse horizontalmente en dúas zonas: - Zona litoral, esténdese desde a liña de costa ata o límite da plataforma continental; e - Zona oceánica, unha extensísima rexión que se dá desde a plataforma continental en diante. Pode dividirse verticalmente en dous tramos: - a zona fótica, con luz, que chega tan só ata os 200 m de profundidade; e - a zona afótica, sen luz. Esta zona, á súa vez, pode subdividirse en zona batial, de 200 a 3.000 m de profundidade e zona abisal, desde os 3.000 m ata os fondos oceánicos máis profundos.

O bosque tépedo ou amornado esténdese por todo o planeta en latitudes medianas. Debido ás súas temperaturas benignas e abundantes choivas, nestes bosques dáse unha gran abundancia de seres vivos. Os vexetais dominantes son árbores: carballos, aciñeiras e faias.

A sabana é un bioma africano que se dá en rexións cálidas cunha estación seca e unha estación húmida, semellante á estepa. Os vexetais dominantes son as gramíneas, que forman grandes extensións salpicadas de árbores. Os animais máis característicos son os grandes herbívoros, como as cebras ou os antílopes.

A taiga é o bioma de maior extensión do planeta, propio de climas fríos, con veráns tépedos e húmidos. Os principais vexetais son grandes árbores do grupo das coníferas, abetos e piñeiros, con follas aciculares adaptadas ás baixas temperaturas.

Relacións

Alimentarias

Intraespecíficas

Interespecíficas

O paso de enerxía dun organismo a outro prodúcese ao longo dunha cadea alimentaria (ou cadea trófica). Xeralmente as cadeas alimentarias interconéctanse e forman unha rede alimentaria ou rede trófica.

A cadea alimentaria, chamada tamén cadea trófica, é o paso de enerxía e nutrientes dun ser vivo a outro por medio da alimentación. Unha cadea aliemntaria está formada por unha serie de organismos ordenados linealmente onde cada un aliméntase do anterior e serve, á súa vez, de alimento ao seguinte. Cada nivel da cadea denomínase elo ou eslabón. Nun ecosistema habitualmente non hai unha soa cadea alimenaria, senón que se producen combinacións, é dicir, non se producen relacións simples (unha herba, un insecto come a herba, un ave come o insecto e un aguia come á outra ave) senón que se combinan (hai varios vexetais, varios insectos, distintas aves e mamíferos que algúns serven de alimento aos outros). Cando isto ocorre falamos de redes alimentarias, que son a combinación de varias cadeas alimentarias.

Entre individuos de diferente especie

A cadea alimentaria, chamada tamén cadea trófica, é o paso de enerxía e nutrientes dun ser vivo a outro por medio da alimentación. Unha cadea alimentaria está formada por unha serie de organismos ordenados linealmente onde cada un aliméntase do anterior e serve, á súa vez, de alimento ao seguinte. Cada nivel da cadea denomínase elo ou eslabón.

Entre individuos da mesma especie

Nun ecosistema habitualmente non hai unha soa cadea alimenaria, senón que se producen combinacións, é dicir, non se producen relacións simples (unha herba, un insecto come a herba, un ave come o insecto e un aguia come á outra ave) senón que se combinan (hai varios vexetais, varios insectos, distintas aves e mamíferos que algúns serven de alimento aos outros). Cando isto ocorre falamos de redes alimentarias, que son a combinación de varias cadeas alimentarias

Elos ou eslabóns da cadea alimentaria ou trófica: 1º nivel: Produtores (realizan a fotosíntesis) 2º nivel: Consumidores - Consumidores primarios (comen aos produtores) - Consumidores secundarios (comen aos primarios) - Consumidores terciarios (comen aos carnívoros) 3º nivel: Descompoñedores (aliméntanse de restos de seres vivos)

Consumidores (segundo nivel) Consumidores son os seres vivos que se alimentan doutros seres vivos, xa que non teñen a capacidade de fabricar o seu propio alimento (heterótrofos). Necesitan as substancias orgánicas que están nos alimentos para vivir. A materia que forma os seres vivos chámase materia orgánica: azucres, proteínas, graxas e vitaminas. Pero dentro dos consumidores existen diversas ordes: os consumidores de primeira orde comen directamente aos vexetais, os de segunda orde aos herbívoros (animais que comen vexetais), os de terceira orde aos carnívoros, etc. Con toda a materia orgánica e inorgánica o noso organismo e o de todos os seres vivos crece e desenvólvese.

Os descompoñedores son os encargados de consumir os últimos restos orgánicos de produtores e consumidores mortos. A súa función é esencial, pois converten a materia morta en moléculas inorgánicas simples. Ese material será absorbido outra vez polos produtores, e reciclado na produción de materia orgánica. Desa forma renóvase o ciclo pechado da materia, estreitamente vinculado co fluxo de enerxía. Exemplos de descompoñedores son as larvas, os escaravellos, as lombrigas, algunas bacterias e fungos, etc.

Son predadores que se alimentan de herbívoros, é dicir, doutros animais obtendo así a enerxía solar de terceira man. A estes animais chamámolos carnívoros. Entre os carnívoros están: os lobos mariños, o puma, o raposo, a boa, etc.

Produtores (primeiro nivel) A cadea alimentaria comeza coas plantas, que captan a enerxía luminosa do Sol e utilízana para fabricar o seu propio alimento (autótrofos), a través da fotosíntese. Logo convértena en enerxía química almacenada en moléculas orgánicas. Dentro deste grupo temos todos os tipos de plantas como: hervas, árbores froiteiras, vexetais, etc. E nos ecosistemas mariños temos: fitoplancto, algas e plantas acuáticas.

Son aqueles que se alimentan directamente dos produtores (animais herbívoros). Toman a enerxía solar acumulada en forma de celulosa, azucre, almidón, etc. para poder vivir. Entre os herbívoros temos: os ratos, a vicuña, a taruca, os venados, moitos peixes, aves (arroceros, pombas, froiteiros, etc.).

Entre os consumidores terciarios ou supercarnívoros áchanse os necrófagos ou carroñeros, que se alimentan de cadáveres. Neste grupo atópanse o corvo, o coiote, o voitre, etc.

Individuos da mesma especie

Familias

Asociacións gregarias

Sociedades

Conxunto de individuos non organizados: mandas, rabaños, bandadas, cardumes...

Conxunto de individuos da mesma especie emparentados entre sí.

Grupos de individuos organizados cunha divsión do traballo: formigas, abellas...

Individuos de diferente especie

Mutualismo (+ / +) Comensalismo (+ / 0) Depredación (+ / -) Parasitismo (+ / -) Competencia (- / -) Amensalismo (- / 0)

É a relación entre organismos de dúas especies diferentes, en que unha se ve beneficiada e a outra non resulta afectada.

É a relación que se establece entre poboacións que necesitan un recurso do ambiente e que se atopa en cantidades limitadas. Dous seres vivos poden competir polo mesmo alimento se este escasea no ambiente. Tamén dúas plantas poderán competir pola cantidade de auga que hai no chan, ou ben, dúas especies de aves poderán competir polo lugar onde construír os seus niños, é dicir, polo espazo de nidificación.

É a interación entre dous organismos de maneira que un deles benefíciase a expensas do outro.

É a interacción que se establece entre dúas poboacións, da cal ambas resultan beneficiadas.

É a interacción que se produce cando na relación un organismo vese prexudicado e o outro non experimenta ningunha alteración, é dicir a relación resúltalle neutra.

É a interacción entre dous organismos na que un deles é favorecido e o outro perde a vida servindo de alimento ao primeiro.