Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

Proceso de admisión nos ciclos de FP Básica Curso 2017/18

Calendario de admisión

Requisitos

Requisitos que debe cumprir o alumnado de forma simultánea:

  • Ser proposto/a polo equipo docente
  • Consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais
  • Facer 15 ou 16 anos no ano de inicio do ciclo formativo
  • Ter cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou, excepcional­mente, ter cursado o segundo curso.
A proposta do equipo docente, tamén poderá solicitar a admisión na FP Básica o alumnado de 17 anos feitos no ano de inicio do ciclo formativo, escolarizado na educación secundaria obrigatoria. De quedar prazas vacantes, completaranse os grupos con persoas que cumpran os seguintes requisitos:
  • Que fagan 18, 19 ou 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo
  • Que non estean en posesión dun título de formación profesional ou calquera outro título que acredite a finalización de estudos secundarios completos.

Criterios de adxudicación

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, no caso de existir maior número delas que de postos escolares dispoñibles, asignaranse as prazas conforme os seguintes criterios de prioridade: · Alumnado que cursase 2º de ESO. · Alumnado que cursase 3º de ESO. · Alumnado que cursase 4º de ESO. Dentro de cada grupo, ordenarase de menor a maior idade. En caso de empate entre varias persoas solicitantes por un mesmo posto escolar e co obxectivo de favorecer o fomento das vocacións nas áreas con infrarrepresentación de mulleres ou de homes, seleccionarase en virtude do sexo menos representado na área profesional en que se demande a praza de formación. Se logo de aplicados estes criterios se mantén o empate, este resolverase aplicando o procedemento e o resultado do sorteo que anualmente realiza a consellería con competencias en educación para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos

Documentación a presentar

Acude a Orientación para axilizar os trámites: IMPORTANTE: Entrega do consentimento dos pais de incorporación a FP Básica no centro de orixe (anexo IV): antes do 9 de setembro. (De non entregaren este documento neste prazo, entenderase que os/as titulares da patria potestade ou representantes legais do alumnado non dan o consentimento de incorporación á formación profesional básica.)

Oferta de ciclos

Esta é oferta na nosa contorna educativa: Se queres ver a oferta de toda Galicia podes premer aquí

Para saber máis

Podes ampliar información nas seguintes ligazóns:

  • RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2017, da Dirección Xeral de Educación,Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instruciónspara o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2017/18.Instrucións e Calendario na web da Consellería.
  • Información sobre a FP Básica na Web da Consellería de Educación
  • Orde do 13 de xullo de 2015 pola que se regula a FP Básica
  • Oferta de Ciclos de FP Básica en Galicia para o curso 2017/2018
  • Perfiles profesionais de FP Básica

Lourdes Otero RodríguezIES Plurilingüe Xosé Neira Vilas