Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

INTRODUCIÓN Á TECNOLOXÍA

DEFINICIÓNS DE TECNOLOXÍA

EVOLUCIÓN HISTÓRICA DA TECNOLOXÍA

O PROCESO TECNOLÓXICO

Definicións de Tecnoloxía

1. A Tecnoloxía é a capacidade do ser humano para construír, a partir de materias primas, unha gran variedade de obxectos, máquinas e ferramentas, con vistas a modificar o noso entorno ou conseguir unha mellora das nosas condicións de vida.

2. Tecnoloxía é unha palabra composta de dous termos de orixe grego Techne (Oficio) e Logía (Coñecemento), polo tanto, outra definición sería o conxunto dos coñecementos técnicos e das ferramentas, necesarios para desenvolver unha profesión.

Obxectos ou produtos

Son elementos creados polo home para satisfacer unha necesidade, como roupa, mapas, vaixela, mobles, pinturas, etc.

Máquinas

Son aparellos complexos formados, á súa vez, por un conxunto de elementos máis simples. Exemplos: ordenador, coche, lavadora, tractor, forno, teléfono, etc.

Ferramentas

Son utensilios que axudan a realizar unha tarefa concreta, como trades, pinceis, desaparafusadores, arados, martelos, etc.

Influencia da Tecnoloxía

A actividade tecnolóxica inflúe no progreso social pero tamén no medio ambiente, poristo, se deben conseguir procesos tecnolóxicos menos contaminantes e evitar o esgotamento, ou degradación, dos recursos materiais e enerxéticos do noso Planeta.A solución debería vir do uso de tecnoloxías máis limpas e en modificar os malos hábitos da nosa sociedade, por exemplo:- Reducindo a cantidade de residuos xerada.- Reutilizando parte dos residuos.- Reciclando parte do lixo.Isto denomínase as 3 R's.

Evolución histórica da Tecnoloxía

As respostas dos seres humanos ás necesidades suscitadas en cada época son un perfecto indicador da evolución tecnolóxica. Nas primeiras etapas se produce un avance relativamente lento, que contrasta co rápido avance das últimas décadas. Clasificamos a evolución tecnolóxica en 3 etapas:

1. Dende a Prehistoria ata o Século XVI.2. Revolución industrial e as súas consecuencias (S. XVII a S. XIX).3. O esplendor tecnolóxico (do século XX ata os nosos días).

O Proceso Tecnolóxico

É o proceso a seguir para resolver un problema tecnolóxico, tanto na escola como nas empresas, e consta das seguintes fases: