Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

avaliación do alumando

Estas son as opinións dalgúns dos membros do Club de Manga do IES As Barxas, que participaron directamente na preparación do proxecto Comicon Intercentros de Moaña. As súas opinións servíronnos aos profes participantes para avaliar os obxectivos acadados con esta actividade e que son, entre outros, os nove citados no listado.

9

cousas importantes que aprendeu o noso alumnado coa realización da Comicon intercentros de Moaña

  • A organizar un macroevento no que participou moita xente de distintos centros.
  • A relacionarse con xente nova para levar adiante a organización de actividades. Hai que poñerse de acordo cos outros.
  • A xestionar as dificultades que foron xurdindo. Hai que desenvolver a resiliencia.
  • A temporalizar as actividades con moita antelación. Hai que ser previsores.
  • A valorar o esforzo realizado, tanto polos compañeiros como polos profes que participaron. Hai que traballar duro para conseguir os nosos obxectivos.
  • A empatizar co labor do profesorado. Hai que saber como manexar aos grupos.
  • A investigar sobre novos contidos e a expoñelos en público. Sempre hai algo novo que aprender.
  • A traballar cun obxectivo concreto e de repercusión social: os nenos dos coles desfrutaron co noso proxecto.
  • A sacar adiante un proxecto innovador e diferente.