Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

LER NO VERÁN

En galego, como non!

Xaime prantou unha landra que xerminou e creceu, pero… non todas as landras prantadas chegan a ser árbores.

Fronte ao pequeno tamaño do seu protagonista, destaca a súa grandeza de corazón e de intelixencia.

Debuxos rebuldeiros onde se agochan espirais, ata nos obxectos máis insólitos.

O sol secábao todo coa súa calor abrasadora, e as nubes non facían máis que matarse a regar os campos para que medrasen as verzas e o millo, e para que as herbas fosen verdes. En canto viron que o verde se volvía amarelo, ás nubes pareceulles tan mal que decidiron facer unha folga traballando, e puxéronse a chover os sete choveres ata que quedaron sen auga. Por culpa de tanto chover a Vila de Portoseco quedou asolagada e os seus habitantes navegaban entre os tellados das casas e o campanario da igrexa.Como ían solucionalo?

Había lobos grandes e lobos pequenos. Lobos durmidos e lobos espertos. Lobos xigantes, lobos ananos... e lobos con máis de cen anos. Había lobos de todas as cores: verdes, azuis, vermellos… Había lobos con lentes e lobos con sombreiro. Lobos que escribían cartas, lobos trampulleiros e lobos que mexaban sobre un formigueiro. O conto estaba cheo de lobos!

Pauliño ten sete anos, vive cos seus pais e a súa irmá Águeda que é un bebe. Pauliño é fraco, pequecho, e parece un rapaz coma todos os outros. Unha mañá Pauliño saíu da cama dun chimpo e ceibou un rincho. —Hiiiiiii! Malia ser un cabalo, Pauliño debe lavarse, cepillar os dentes, ir a escola, facer os deberes… Pero Pauliño quere ser un cabalo salvaxe, dos que andan polo monte, moi preto da aldea onde vive a avoa.

Unha rula moi curiosa, chamada Airosiña, foi a primeira en botar a cabeciña fóra do niño feito polos seus pais na póla dun vello carballo. O primeiro que viron os ollos de Airosiña, ademais do ceo azul, das nubes brancas, e da silueta malva das montañas ao lonxe, foron os cristais que pechaban unha galería e, por tras deles, un obxecto de curiosa feitura. As leccións dos pais non lle chegan a Airosiña, que devece por saber que hai tras dos cristais da galería...

Unha historia chea de aventuras e aprendizaxe, onde os animais protagonistas medran a medida que van pasando unhas probas que, dalgunha maneira, explican o dura… e o marabillosa que pode ser a vida.

A illa de Lummerland quédalles pequena ós seus habitantes, de modo que Jim Botón, Lucas o maquinista e a súa locomotora Emma deciden marchar para viviren múltiples aventuras.

Os amigos axúdanse nos momentos difíciles. Un oso e unha ratiña atopan na música a solución a un apuro doméstico.

Bolboretas e flores en branco e negro aparecen en cada páxina do libro, mais, se reparamos ben e erguemos as pestanas que forman as súas ás e os seus pétalos, tras deles ha aparecer o marabilloso mundo de cor da bolboreta monarca.

Canso da noite e da súa escura vestimenta, este morcego decidiu pintarse de cores e voar de día, mais... non foi unha boa idea tan boa!

Cada persoa di cousas diferentes sobre o lugar para onde imos cando desaparecemos. Pero, se reparamos nas cousas do mundo, podemos obter moitas máis ideas. Aínda máis posibilidades. Observemos entón..., os calcetíns, as pozas, as rochas ou as nubes. Que nos poderán dicir sobre a gran pregunta que dá título a este libro?

Había unha vez catro cascarolos, catro caracoliños que eran irmáns. Chamábanse Cascarolo, Carolo, Arolo e Rolo. Vivían nunha cidade, na Alameda, entre as raiceiras dun gran loendro. Eran moi felices, pero un día chegaron uns obreiros, e comezaron a cubrir os camiños do parque con lousas de pedra, e a tomar as lousas con cemento. Xa non poderían agocharse, terían que marchar...

Caramulo cóntanos a orixe do seu nacemento: a súa vida formando parte desas árbores autóctonas que predominan nos nosos bosques, soutos e fragas, a súa caída e agocho entre as silveiras tras moitos anos de contacto coas persoas, o descubrimento de Fernanda a carpinteira do seu seco tronco e a súa conversión nun cabaliño de madeira con vida propia que debe axudar a Teixo e Xacia para que a xente deixe de contaminar a terra, manchar os ríos e armar guerras.

“O único bo do colexio son os RAPAZES que son nobres balentes intrépidos etc. aínda que tamén hai varios chapóns, habusóns, miñaxoias, gordos cebados e pailáns ós que non me queda máis remedio que haturar. De feito calquera colexio é unha cousa desastrosa.”

A cadeliña Alma narra en versos fermosos a súa volta a casa na compaña dun pardal. Alma, unha cadeliña bonita regresa triste ao seu fogar porque os nenos non xogan con ela. Pérdese na noite e durme lonxe da casa. Ao mencer acorda soa e reemprende o camiño de volta, preguntándose se ao chegar onda a súa familia recibirá un tirón de orellas.

Historia sobre a crecente amizade entre dous ratiños, un de verdade e outro mecánico.

Un forte alcatreo converte o aire nunha substancia mesta, case irrespirable. Un vertedoiro infindo. Un futuro incerto. Mírese por onde se mire hai trebellos de todo tipo. Mobles estragados, pneumáticos usados, colchóns vellos, peluches orfos, bonecas mutiladas… De socate, dun frigorífico abandonado, ábrese unha das portas, e do seu interior xorde a cabeza dun neno cuns auriculares amarelos nas orellas.

Conta as historias que lle suceden a Antón e mais a Leonardo. O primeiro é un neno que se chama Antón Andrade Asorei e que cursa oitavo. O segundo, a pesar do nome, non é un rapaz, senón un can; polo tanto carece de apelidos. Ao longo do libro suceden moitas cousas, tanto a Antón como a Leonardo. Quen as conta é Antón. E sabe contalas moi ben.

O pequeno señor Paul vivía nun mundo cheo de libros, adoraba os libros. Medrou entre árbores cargadas de libros e dedícalle todos os días un tempo á lectura. Ás veces encóntrase con que un libro ten un final errado e, sen pensalo dúas veces, aló vai ver o escritor. Ou se ten que cambiar algo na súa vida, vai a un taller de remendos ou sobe a un tren invisible, rumbo ao país da risa perdida, en que coñece un home forzudo que lle explica como se pode saber que aspecto ten un día bo ou un día malo, se está agochado dentro dun bolso. No mundo do señor Paul, todo o que teña espazo entre as tapas duras dun libro e o que faga vibrar a alma dun lector é posible. E todo iso, son moitas, moitas cousas…

Volvemos ter un rato moi, moi listo, e unha grufaliño moi inqueda que precisa ver o mundo cos seus propios ollos porque non lle son suficientes os consellos que lles dan.

Rosalía ten seis anos. Cando fala, da súa boca saen bolboretas que pairan no ar moi alegres, dicindo palabras moi bonitas. E as súas mans tocan as cousas con seis caricias, e seis suspiros salaian á vez. Rosalía vai á escola, onde aprende a ler e a escribir.Un día acabóuselle o lapis, chegou á casa e díxolle ao pai: —Papá, tesme que mercar outro lapis. O novo lapis resultou ser moi distinto ao anterior.Ao longo del ten escrita unha frase que di:Lapis especial para nenas de seis anos. Que ten de especial ese lapis?

Uxía vive nun faiado. Podería pasar o día enteiro cos ollos pechados, se non fose por Gato. Grazas a Gato, a vida de Uxía é máis divertida. Grazas a Uxía, Gato empeza a entender mellor o mundo.

Internádevos na fraga fonda e escura e descubride o que acontece cando o espelido ratiño se atopa diante dun moucho, unha serpe e un grúfalo cunha fame doente....

FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 e FORM4IL son os catro integrantes dos FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados.“Misión Barcelona” leva os FORMIG4S á capital catalá o día de Sant Jordi.

O Hotel Fantastique está no medio do Salvaxe Oeste. Nas súas cociñas a pequena Esmeraldina é feliz, aprendendo todos os trucos culinarios da man da súa avoa A Tremenda, unha chef de sona mundial. A vida avanza entre pucheiros ata que un andazo de febre escarlatina acaba coa vida da nena. A noticia da súa morte corre como a pólvora entre os habitantes do alén, e empezan a chegar ao hotel defuntos de todas as procedencias, dispostos a instalarse. Esmeraldina necesita aprender a ser unha pantasma de verdade. Para iso contará coa axuda de Lady Horreur, unha peculiar araña francesa que se converterá na mellor mestra e amiga, e Nicotina, unha vaqueira que teima en levala ao seu novo fogar: o Alén Mundo. O Libro de Receitas da Tremenda acompaña esta historia de medo e humor macabro.

Nica é unha «detectivesa» que se dedica a resolver misterios no seu barrio coa axuda dos seus amigos, Os Sabuxos. O barrio no que vive é un barrio calquera, dunha cidade calquera, onde nunca pasa nada. Vaia, case nunca. Porque un día Nica atopa un lugar secreto cheo de aparellos estraños e marabillosos para facer maxia. Os catro sabuxos xogan e divírtense alí ata que descobren que quedaron atrapados dentro dun sitio que ninguén coñece: o Museo Prohibido.

Arman é un rapaz coma calquera outro. Ten uns pais que o queren, un grupo de amigos, unha mascota que se chama Tim e é un lémure... Pero de súpeto todo vai cambiar. Logo dun accidente, ARMAN ADQUIRIRÁ UN SUPERPODER MOI ESPECIAL... e acabará na outra punta do planeta! Como fará para evitar todos os perigos que o axexan e volver á casa san e salvo?

Genet Mullugueta naceu nunha aldea de North Wolloh en Etiopía. Dende noviña o que máis lle gustaba era correr e correr polo ventre da montaña. Mais a fame, a guerra e a figura do pai obrígana a acompañar a súa nai e a pedir esmola polas rúas inseguras e caóticas de Addis Abeba. Alí, vendendo panos nos cruzamentos, Genet coñeceu a Abebe, un médico e voluntario da federación de atletismo que, sorprendido coa súa resistencia e velocidade, lle propón adestrar en Meskel Square. Dende entón, a súa vida mudará, como a doutras nenas, mozas e mulleres etíopes que corren contra si mesmas sen fin.

Rodolfo VI ía medrando en estatura e minguando como zarabeto e....cos anos, o rei Gumersindo II ía perdendo as esperanzas, pois o seu neto nunca quixo saber nada de armas, nin de caza, nin de equitación, nin de nada que tivese que ver coas obrigas dun futuro rei como Deus manda.

Porto Balea é unha vila mariñeira na que todos os seus anciáns habitantes perderon a esperanza. Só Otto, o último home novo da vila, segue a saír ao mar a diario mentres deixa a Nena, a súa filla e orfa de nai, ao coidado dos habitantes da vila acantilada. Mais un día Otto non regresa, tras naufragar nos dominios da Illa dasSereas. Desde entón, Nena loitará contra a desidia e cansazo dos seus vellos habitantes e, con toda a forza de vontade, empeño e valentía que lle collen no seu corpo miúdo, emprenderá nun bote pequeno unha aventura temeraria e fantástica para rescatar o seu pai.

E se non existisen contos nos que as nenas son as protagonistas? E se esas nenas non falasen a túa lingua? Cando María Victoria Moreno, muller brava imprescindíbel, fixo estas preguntas e as respostas excluían as rapazas, decidiu que sería ela quen as escribiría. María Victoria Moreno deulle voz ás personaxes femininas desde o agarimo, a solidariedade, a sororidade e un profundo amor á lingua galega. Tal como ela era: divertida e cun compromiso que superaba as condicións nas que lle tocou facer literatura. Brava e imprescindíbel onde as haxa. María Victoria Moreno.

Coñecemos a aquela nena que amarrou con forza o soño de se converter nunha extraordinaria pintora.Ela era unha muller apaixonante e apaixonada.Unha muller intelixente, estudada que prendeu nas cores vivas, nas formas xeométricas, no cosmos e todo aquilo que podía representar nos seus lenzos.Unha muller que fixo unha personaxe de si mesma e que non deixaba indiferente a quen se cruzaba no seu camiño.Unha muller libre e comprometida.Unha muller leal ás amizadas e, sobre todo, unha muller brava.Ela era… Maruja Mallo.

Conta as historias que lle suceden a Antón e mais a Leonardo. O primeiro é un neno que se chama Antón Andrade Asorei e que cursa oitavo. O segundo, a pesar do nome, non é un rapaz, senón un can; polo tanto carece de apelidos. Ó longo do libro suceden moitas cousas, tanto a Antón como a Leonardo. Quen as conta é Antón. E sabe contalas moi ben.

Intenso e fuxidío pasa o tempo mentres arelamos o compás dos "días tartaruga". O territorio da fantasía, dos soños e da memoria, coa sonoridade duns versos e a frescura dunhas imaxes.

Volume que reúne máis de 60 especies de flores de todo o mundo: crisol de cores, formas e fragancias.

Poderás coñecer o blues, o reggae, o funky, o swing, o hip hop… e non pararás de cantar e de bailar! A vida está chea de cores e de sabores diferentes, tamén de estilos musicais.

Pasádeo moi ben!!