Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

SÍMBOLOS POLÍTICOS

A rosa é un símbolo socialista, que unído co puño ten un significado moi claro: a forza do puño cerrado representa o traballo e os traballadores dos cinco continentes unidos. A rosa representa a sensibilidade, o pensamento e a cultura.

O círculo simboliza unidade e determinación e o A, inicial da palabra "anarquía", ten o significado simbólico de autogoberno. Algúns din que en 1964, un grupo francés, Jeunesse Libertaire, creou o A circulado para dar un novo impulso á máxima de Proudhon "Anarquía é orde". Pero algúns milicianos na Guerra Civil española xa levaban este emblema nos seus cascos. A primeira vez que os anarquistas usaron este símbolo foi no Consello Federal de España da Asociación Internacional dos Traballadores (I Internacional) no que aparecía un A masónico con plomada inscrito nun círculo.

A Estrela Vermella, de cinco puntas e coloreada de vermello, é un símbolo ideolóxico e relixioso utilizado en emblemas, bandeiras, ornamentos ou logotipos con propósitos moi variados. A estrela vermella foi colocada xunto á fouce e o martelo na bandeira da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas. De aí rapidamente diferentes tendencias comunistas foron identificándose con este símbolo.

A fouce e o martelo son os símbolos máis coñecidos do poder soviético, e por extensión, símbolos dos partidos comunistas. No verán de 1918, no marco do quinto Congreso dos Soviets, este símbolo foi oficialmente aprobado. Son símbolos que representan á clase traballadora, a fouce para o traballo agrícola e o martelo para o traballo industrial.

O Escuadrón de Protección, tamén coñecido como a Schutzstaffel ou as SS, foi unha organización creada en 1925 por Heinrich Himmler. O emblema do escuadrón estaba composto de dúas runas sig (SS). A runa "sig" é usada comunmente para denotar victoria. Este símbolo actualmente identificase coa ideoloxía nazi.

Este símbolo probablemente se remonte ao Ank, un símbolo exipcio. Usábase como amuleto de saúde, fertilidade e boa vida. Na mitoloxía exipcia está asociado ás imaxes das deusas Hathor e Isis. En ambos casos trátase de deusas relacionadas coa fertilidade e a maternidade. Na Antigüidade clásica Marte e Venus representan os principios masculino e feminino. Nos templos de Venus aparece este símbolo, quizais como unha representación do espello usado pola deusa. Entre 1731 e 1755 Carlos Linneo foi o primeiro en usar os símbolos do escudo e a lanza de Marte para sinalar ao macho e o ‘espello de Venus’ para indicar á femia.

É un obxecto de adoración para os budistas e hindús. No hinduísmo, por exemplo, represéntase a evolución do universo como involución, segundo o sentido que apunta os seus brazos. Nesta mesma relixión tamén é utilizado como un símbolo solar e, xeralmente, como un sinal de boa sorte. O símbolo rexurdiu a finais do século XIX cando se atoparon unhas olas de cerámica do Neolitico con esvásticas. Os nazis crían que esas olas de cerámica as pintaran os seus antepasados arios e por iso adoptaron esa imaxe como símbolo do Partido Nazi.