Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

ESCORPIO A deusa Artemisa enviou un escorpión a Orión, o cazador xigante, porque intentara abusar dela. O escorpión picouno nun talón e matouno, o que permitiu á deusa saborear a vinganza convertendo ao animal nunha constelación. Orión, despois de morrer, tamén se converteu en constelación. Dende entón, Orión vai cara ao oeste e descende no horizonte cando aparece, ao Leste, Escorpio. 

CÁNCER O mito grego que mellor ilustra este signo é a loita de Hércules e a Hidra de Lerna. Esta era un enorme monstro dos pantanos, que tiña oito ou nove cabezas de serpe. A deusa Hera, esposa de Zeus, como odiaba ao fillo do seu esposo, púxose a favor do monstro e, mentres loitaban, enviou contra Hércules un cangarexo xigante para que o atacase. Pero el logrou aplastalo cun pé e finalmente counseguiu matar á Hidra. En gratitude polo seu servizo, a deusa Hera colocou no ceo a imaxe do cangarexo.

ARIES O símbolo de Aries é un carneiro voador co pelexo de ouro, unha maravillosa creación de Hermes e Zeus que foi enviada a salvar a dous infortunados nenos, Frixo e Hele, que eran maltratados pola súa madrasta. Tras rescatalos, o animal voou con eles rumbo á seguridade por encima do mar. A nena, Hele, perdeu o equilibrio e caeu á auga. Pero o outro neno conseguiu chegar ao Mar Negro onde sacrificou a Zeus o carneiro de ouro. A pel do año, o vélaro de ouro, foi colgada e gardada como un tesouro -dado que era un símbolo de poder- nun bosque sagrado, ata que moitos anos despois os intrépidos Argonautas lograron roubala.

SAXITARIO O centauro Quirón, despois da súa morte, foi levado ao ceo onde pasou a formar a constelación de Saxitario, sempre armado co seu arco e as súa frecha. Quirón foi o mestre de moitos grandes heroes, como Hércules ou Aquiles. Todo ocurriu un día no que Hércules se encontraba loitando cun grupo de centauros, que fuxían cara á cova na que vivía Quirón. Co fin de detelos, o mozo disparoulles unha frecha envelenada co sangue da Hidra, acertándolle de cheo a Quirón por equivocación, e provocándolle una ferida empozoñada que comezou a causarlle terribles dores. Dado que o centauro era inmortal, preferiu morrer a padecer ese sufrimento. O titán Prometeo aceptou a inmortalidade de Quirón e, deste modo, o centauro deixou de sufrir. Ao contrario que outros centauros, Quirón era unha criatura sabia e de bo carácter. Quirón era coñecido pola sua faceta de educador e médico.

VIRGO Virgo é a representación de Astrea, unha titánide filla de Zeus e Temis, aínda que naceu como muller mortal para administrar a xustiza e a orde e permaneceu na Terra durante a Idade de Ouro e Plata. Chegada a idade de Bronce, decidiu subir ao ceo por detestar este tempo, xa que foi un período de guerras na que apareceron os mellores heroes e a violencia substituíu á xustiza.

CAPRICORNIO Este signo está estreitamente relacionado coa cabra/ninfa Amaltea. Rea estaba furiosa co seu hermano/marido Cronos, porque insistía en comerse aos seus fillos despois de que a nai Terra e Urano (os seus pais), lles vaticinasen que un dos seus fillos o destronaría. Entón, tras dar a luz ao seu terceiro fillo varón, Zeus, entregouno á Mai Terra. Foi levado a Creta, e ocultado nunha cova do monte Exeo. Alí foi amamantado pola ninfa cabra Amaltea. Cando Zeus chegou ao poder, proclamouse Señor do Universo, e en agradecemento colocou a imaxe de Amaltea no firmamento, dando así orixe á constelación de Capricornio.

TAURO Un día estaban Europa e as súas compañeiras de xogos na praia de Tiro, cando viu a un touro de cor branca, inmaculado e de cornos como xemas, que estaba pastando cerca. Atraída pola súa aparente mansedume e fermosura, Europa montou no lombo do touro e empezou a tecer coroas de frores arredor dos seus cornos. De repente, viuse arrebatada por encima do mar, aínda nos lombos do touro; máis tarde foi levada a Creta, onde se convirtiu en mai de reis, e deulle o nome a un continente. Zeus, tras volver ao seu aspecto divino, colocou a figura dun touro no firmamento.

O signo de Leo representa a cabeza do león de Nemea, un dos doce traballos de Heracles.O león estivo aterrando nos arredores e tiña unha pel tan grosa que era impenetrable ás armas. Heracles consegue atrapar ao león e afógao cas súas propias mans. Despois, o heroe conseguiría quitarlle a pel ao león usando as garras do propio animal. Dende aquela, Heracles utiliza a pel do animal como escudo.

PISCIS Cando os titáns foron derrocados polos Olímpicos na guerra pola soberanía, o sátiro Pan avisou a Afrodita de que Tifón estaba moi preto e corrían perigo. Deste xeito, Afrodita tivo tempo de transmutarse, a ela mesma e ao seu fillo Eros, en peixes, para protexerse na beira do río Eufrates e poder fuxir do monstro. Para conmemorar este acontecemento, Atenea colocou os peixes no firmamento.

XÉMINIS A lenda de Xéminis está ligada a Cástor e Pólux, dous xemelgos pero con distinta parentela. O deus Zeus coverteuse nun fermoso cisne branco e visitou a Leda, e dese encontro saíron catro fillos, dous mortais (fillos de Zeus) e dous inmortais (fillos do esposo de Leda). Cástor e Pólux eran inseparables, pero Cástor, ao non ser fillo de Zeus, morreu e Pólux, moi afectado, pediu que lle sacaran a inmortalidade para reunirse co seu irmán. O pai dos deuses, Zeus, colocounos no ceo formando unha constelación na que serían inseparables por toda a eternidade.

ACUARIO Ganímedes, fillo do rei de Troia, era un rapaz tan guapo que o propio Zeus se namorou del. Secuestrouno baixo a forma dunha aguia, volveuno inmortal e converteuno no copeiro dos deuses. Co seu cántaro que nunca se baleiraba, Ganímedes servía aos deuses o néctar, a bebida que lles outorgaba a inmortalidadee a eterna xuventude. Represéntase como un rapaz novo vertendo auga, ou sinxelamente cunhas ondas acuáticas.

LIBRA Na mitoloxía grega Temis significa 'lei da natureza' máis que 'autoridade humana'. Casou con Zeus e tiveron as tres Parcas, entre outros fillos. É a deusa da xustiza polo que ven representada pola balanza e cos ollos e oídos tapados, xa que non se deixaba influenciar por ninguén.

Crédito da imaxe