Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

Acceso ás ensinanzas deportivas

2017

Prazo de inscripción nas probas

Do 15 de xuño ó 7 de xullo de 2017. Aquelas persoas que teñan pendente algunha materia de bacharelato ou ESO poderán presentarse á proba de acceso, sempre e cando acrediten no prazo de matrícula, no mes de setembro, a superación da materia ou materias pendentes. En calquera caso poderán presentarse á proba de madureza, que se celebrará o 4 de setembro. A inscrición para realizar as probas farase preferentemente na secretaría dos centros públicos onde se imparten ensinanzas deportivas indicados no anexo IV, coa excepción dos aspirantes ás especialidade de Hípica e de Vela, que deberán formalizala nos centros públicos a que están adscritos.

Requisitos de acceso Grao Medio

Datas das probas

Celebración da proba de madureza: O 4 de setembro de 2017 no IES As Fontiñas en Santiago de Compostela. O alumnado que deba realizar a proba de madureza farao constar na epígrafe correspondente da inscrición. No caso de non superar a dita proba, non será admitido na específica. Celebración das probas específicas para as titulacións de técnicos deportivos: Setembro do 2017. Ver na resolución as datas concretas de cada especialidade e os lugares de cada proba.

Centros onde se fan as probas

Prazo de matrícula nas ensinanzas

Dende a data da publicación de admitidos en cada especialidade ata o 29 de setembro de 2017.

Requisitos de acceso Grao Superior

Para saber máis

ENLACE COA RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIA: Na web da Consellería de Educación. Neste blog en "Enseñanzas Deportivas"

Instruccións e contidos das probas específicas

Acceso grao Medio

a) Título de graduado en ESO na opción de ensinanzas académicas ou na de ensinanzas aplicadas, ou equivalente e superar unha proba específica. Para o acceso ao segundo nivel de grao medio, ter superados os estudos do primeiro nivel na correspondente modalidade ou especialidade deportiva. b) Sen título de ESO e con 17 anos cumpridos, superar a proba de madureza, ademais da proba específica. c) A proba de madureza poderase substituír pola proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional ou de artes plásticas e deseño, ou a de acceso á universidade para maiores de 25 anos, ou pola proba sustitutiva dos requisitos de titulación para as ensinanzas artísticas superiores.

Acceso Grao Superior

Co título de técnico deportivo na modalidade ou especialidade deportiva correspondente, superar unha proba específica, acreditar un mérito deportivo, experiencia deportiva na especialidade e ter, cando menos, algún dos seguintes títulos para efectos académicos: Bacharel ou equivalente, Técnico superior, Título universitario, Certificado acreditativo de ter superadas todas as materias do bacharelato.

A proba de madureza poderase substituír pola parte común da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de FP ou de artes plásticas e deseño, ou a de acceso á universidade para maiores de 25 anos, ou pola proba sustitutiva dos requisitos de titulación para as ensinanzas artísticas superiores.

Sen título académico, e con 19 anos, superar unha proba de madureza, ou 18 anos se se ten o título de técnico deportivo da modalidade correspondente, un título de técnico relacionado con aquel a que se desexa acceder.

Probas específicas para o técnico deportivo en balonmán

PROBASESPECÍFICAS

1

2

Requisitos deportivos para o acceso a técnico deportivo superior en fútbol e fútbol sala

Probas específicas para o técnico deportivo en baloncesto

1

1

3

4

Probas específicas para o técnico deportivo en atletismo

Probas específicas para o técnico deportivo en fútbol e fútbol sala: Condición física, primeira parte

5

6

Probas específicas para o técnico deportivo en fútbol e fútbol sala: Avaliación das habilidades de fútbol e fútbol sala.