Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

Acceso ás Ensinanzas de Artes Plásticas e Deseño 2017

Inscripción nas probas

  • CICLOS MEDIOS: Do 12 de xuño ó 20 de xullo.
  • CICLOS SUPERIORES: Do 12 de xuño ó 21 de xullo.
Para a formalización das solicitudes de admisión, as escolas de arte e superiores de deseño onde se impartan estas ensinanzas facilitaranlles ás persoas interesadas o modelo para o efecto. Unha vez cuberto, entregarase unha única solicitude na secretaría da escola á cal se queira acceder como primeira ou única opción, xunto coa documentación que proceda.

Acceso mediante proba Grao Medio

Acceso directo

Data e horario das probas de Grao Medio

Proba de madureza: 5 de setembro de 2017. 1ª parte: 10.00-13.00 h. 2ª parte: 16.30-19.30 h. Proba específica: 11 de setembro 2017. 1º exercicio: 10.00-11.00 h. 2º exercicio: 12.00-14.00 h. 3º exercicio: 17.00-19.00 h.As probas realizaranse nas escolas de arte e superiores de deseño en que se inscribisen.

Data e horario das probas de Grao Superior

Proba de madureza: 29 de xuño de 2017. 1ª parte: 10.00-13.00 h. 2ª parte: 17.00-18.00 h. Proba específica: 7 de xullo de 2017. 1º exercicio: 10.00-11.00 h. 2º exercicio: 12.00-14.00 h. 3º exercicio: 17.00-19.00 h.As probas realizaranse na Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo, en Santiago de Compostela.

Prazos de matrícula

  • CICLOS MEDIOS: Do 19 ao 20 de setembro, ambos os dous inclusive.
  • CICLOS SUPERIORES: Do 18 ao 26 de xullo, ambos os dous inclusive.
Establécese un prazo extraordinario de matrícula do 8 ao 14 de setembro, ambos os dous incluídos, co obxecto de que os aspirantes que tivesen pendente de superar algunha das materias de bacharelato ou da ESO poidan acreditar a súa superación, no momento de formalizar a matrícula, e para a formalización da matrícula daqueles aspirantes en listaxe de espera ás cales se lles asigne praza.

Para saber máis

  • Accede á información da convocatoria na web da xunta.
  • Resolución do 30 de maio de 2017.
  • Accede ó folleto informativo
  • Accede á información sobre Artes Plásticas e Deseño na web da xunta

Acceso mediante proba Grao Superior

- a) Estar en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente para efectos académicos e superar unha proba específica.b) As persoas aspirantes que non estean en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente para os efectos académicos deberán ter feitos os dezasete anos e superar a proba de madureza que se establece no anexo III desta resolución, ademais da correspondente proba específica.c) A proba de madureza poderase substituír pola superación dalgunha das seguintes probas:Pola proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional. - Pola proba de madureza de acceso aos ciclos formativos de grao medio de ensinanzas deportivas. - Pola proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos. - Pola proba de acceso substitutiva do requisito de titulación para as ensinanzas artísticas superiores.

ACCESO POR PROBA ESPECÍFICA PARA OS CICLOS DE GRAO MEDIO

a) Estar en posesión do título de bacharel, ou equivalente para os efectos académicos, e superar a correspondente proba específica.b) As persoas aspirantes que non estean en posesión do título de bacharel ou equivalente para os efectos académicos deberán ter dezanove anos, ou dezaoito anos no caso de que acrediten estar en posesión dun título de técnico en artes plásticas e deseño da mesma familia profesional artística ca aquel a que pretenden acceder, e superar a proba de madureza que se establece no anexo III da presente resolución, ademais da correspondente proba específica. Tanto nun coma no outro caso, a idade mínima establecida deberá facerse dentro do ano natural de realización da proba.c) A proba de madureza poderase substituír pola superación dalgunha das seguintes probas:Pola parte común da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional.Pola proba de madureza de acceso aos ciclos formativos de grao superior de ensinanzas deportivas.Pola proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos. Pola proba de acceso substitutiva do requisito de titulación para as ensinanzas artísticas superiores. d) As persoas aspirantes que teñan pendente algunha materia de bacharelato ou da ESO poderán presentarse á proba de acceso, ben que no momento de formalizar a matrí­cula no prazo extraordinario, no mes de setembro, deberán acreditar que están en posesión da titulación requirida, e poderán optar á praza solicitada se houbese vacantes.

Acceso por proba específica para os ciclos de Grao Superior

Acceso directo a Grao Medio

  • Quen estea en posesión dun título de técnico ou técnico superior de artes plásticas e deseño dunha familia profesional relacionada co ciclo formativo a que se pretende acceder ou título declarado equivalente.
  • Quen teña superados os cursos comúns de artes aplicadas e oficios artísticos.

Acceso directo a Grao Superior

  • Quen estea en posesión dun título de técnico superior de artes plásticas e deseño dunha familia profesional relacionada co ciclo a que se pretende acceder ou título declarado equivalente.

Acceso directo a Grao Medio

a) Quen estea en posesión dalgunha das seguintes titulacións:- Título de bacharel, modalidade de artes, ou de bacharelato experimental. - Título superior de artes plásticas ou título superior de deseño, nas súas diferentes especialidades, ou títulos declarados equivalentes.- Título superior de conservación e restauración de bens culturais, nas súas diferentes especialidades.*Licenciatura en belas artes.*Arquitectura.*Enxeñaría técnica en deseño industrial.b) Quen acredite ter experiencia laboral de, polo menos, un ano, relacionada directamente coas competencias profesionais do ciclo a que se queira acceder, para o cal presentará a seguinte documentación: Certificación da empresa onde adquiriu a experiencia laboral en que conste a natureza e duración concreta da actividade realizada.