Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

BENVIDOS E BENVIDAS4º ESO ARES E LOYOLA

CANDO, COMO VIR?

HORARIO

TRANSPORTE

TARXETA

HORARIO:L-V: 08:45-14.25Martes: 16.20-18.002 RECREOS: 10:25-10:45 e 12.25-12.45EMPEZAMOS O 17 DE SETEMBRO

Paradas Ares:O Raso-Seselle-Chanteiro-Cervás-Ares-IES!

Tarxeta de transporte metropolitano de Galicia que permite realizar todas as viaxes interurbanas gratuítas.

BIBLIOTECA

CAFETARÍA

Siii, temos cafetaría e programa de leite e froita fresca, os martes podes encargar a comida e quedar a comer no centro.

ALIMENTAR A MENTE E O CORPO

Terás o teu carné para o empréstamo de libros de lectura obligada, os que ti decidas e os do Club de Lectura.Sabes que temos hora de ler?

li

REPROGRAFÍA

AULA VIRTUAL

LIBROS de TEXTO

Terás material fotocopiablePrezo en B/NPrezo en COR

Podes consultar o listado na web do centro e nos carteles do centro.Tes opción de solicitar os teus libros no Banco Solidario de libros da ANPA

Na web do centro tes o acceso á aula virtual donde moitos profes deixan apuntamentos necesarios para as clases

LIBROS, APUNTAMENTOS

li

Ser socio/a da ANPA ten unha chea de avantaxes:-Prezo reducido nas excursións e saídas complementarias, INCLUSO PODE SAÍRCHE GRATIS-Xestionan as becas do Concello-Coordinan o banco solidario de librosEnlace na web do IES.-Email: anpaocastro@hotmail.com

ANPA

CUALE

CENTRO BILINGÜE

Nas tardes para perfeccionar o Inglés

No Bacharelato teredes en Inglés a seguinte materia: Economía

IDIOMAS

Añadir título

O PRIMEIRO DÍA

CAL É A MIÑA AULA? Terás varias aulas e terás que facer varios cambios no día. No teu horario (e no horario de da porta de cada aula) podes consultar a donde ir en cada hora. Como cada aula ten un número: aula 1, aula 2, etc, no teu horario indícase o nome da materia e o aula donde se imparte, moverse un poco virá ben!. DONDE DEIXO OS LIBROS NO RECREO? Podes alugar unha taquilla para deixar os teus libros (5 euros/ano). Santiago é o profes que leva as taquillas.CANTO TARDO EN ADAPTARME? Nuns días, todo, todo, todo, controlado.SE TES ALGUNHA DIFICULTADE: Recurre ao titor/a, xefe de estudos, dirección e orientación EQUIVOQUEIME DE MODALIDADE: Podes cambiar de materia nos dous primeiros meses do 1º curso ; os cambios aínda que posibles deben ser excepcionais

OFERTA IES MUGARDOS

BACHARELATO

EDUCACIÓN DE ADULTOS

FP BÁSICA

CIENCIAS

HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS

LUIS

ALICIA

MARTA

Está cursando o Bacharelato no noso centro.

Empezou a traballar hai uns anos e agora quere rematar o que deixou a medias. Este curso comezou o Educación de Adultos

Quere estudar un Ciclo de Grao Básico e logo acceder a un C.Medio.

FP BÁSICA Nova oferta no centro!

FP BÁSICAAgroxardinería e composicións florais

PARA QUEN?Para o alumnado que non remate a ESO e teña 16-17 anos ou excepcionalmente 15 anos. Debe ser proposto polo equipo docenteCANTOS ANOS? DousQUE ESTUDARÁSTerás módulos de varios tipos:-Módulos relacionados co perfil profesional: En 1º, preparación do terreo, plantación e sementeira de cultivos; produción e mantemento de plantas en viveiros, instalacións de xardíns, parques e zonas verdes; mantemento de xardíns, parques e zonas verdes. En 2º: actividades de rega, fertilización e tratamentos de cultivos; operacións auxiliares na elaboración de composicións florais e prantas; materiais de floraría. -Módulo sociolingüístico-Módulo científico-Formación en centros de traballo (prácticas nunha empresa)-TitoríaSOLICITUDE E MATRÍCULA: En setembro

ADULTOS

EDUCACIÓN DE ADULTOS

Podes cursar a ESO por adultos se cumpres coas seguintes condicións:-ter 18 anos-ter 16 anos e ser deportista de alto redemento, ter contrato laboral ou algunha circunstancia persoal que o xustifique

BACHARELATO

O EXPEDIENTE: POR QUE DEBO DAR TODO O QUE POIDA?

A maior nota máis posibilidade de entrar no Ciclo Superior ou Grao Universitario que soñas

Se aprobas na convocatoria extraordinaria, encontrarás que moitas titulacións quedaron sen praza xa en xuño.

NOTAS

OLLO:1. Promoción a 2º con todo aprobado ou con ata dúas materias suspensas2. En 2º curso deixamos de ter convocatoria de setembro, pasa a xullo3. A nota é importante para convocatorias de concursos, mellor expediente, becas

Se queres facer un Grao Universitario... Debes escoller moi ben as materias, en especial, as TRONCAIS DE OPCIÓN porque son das que che examinarán na ABAU (antes PAU, selectividade). As materias de 1º-2º Bacharelato están vinculadas, non podes cursar unha materia II sen ter cursado unha materia I, para cursar Física debes ter cursado Física-Química en 1º, o mesmo ocorre con Química. Cada materia está vinculada cunha rama universitaria ou varias. Ver caderniño.Se queres facer un Ciclo Superior...Debes consultar que ciclos están vinculados co Bacharelato que estás cursando. Terás prioridade no acceso para os que indica a táboa, consúltaa. Ver caderniño.

ELEXIR BEN: Como escoller Materias 1º Bach?

BACHARELATO E CICLOS SUPERIORES

Vínculo C. Superiores -Bacharelato

BACHARELATO E UNIVERSIDADE

Para escoller materias de 2º Bacharelato É MOI IMPORTANTE CONSULTAR:-as modalidade de Bacharelato-os cadros dos parámetros de ponderación na ABAU (vinculan cada materia cuns Graos e Ramas Universitarias)EXEMPLO:PASO 1: Consulta a táboa dos Graos da RAMA de CIENCIAS. Verás que esta Rama inclúe os Graos de: Bioloxía, Ciencias Ambientais, Ciencias do Mar, Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, Física, Matemáticas e Química. PASO 2: Agora consulta os PARÁMETROS DE PONDERACIÓN. Verás que as materias TRONCAIS DE OPCIÓN que contan para os Graos da Rama de Ciencias son: Bioloxía, Debuxo Técnico II, Física, Matemáticas II, Química e Xeoloxía. Tamén debes mirar cal puntúa máis: as de 0,2 permitiránche obter o dobre de puntos na fase voluntaria da ABAU(antes PAU, selectividade) .PASO 3: consulta a TABOA DE MATERIAS E MODALIDADES DE BACHARELATO. Fíxate que MATERIAS TRONCAIS DE OPCIÓN aparecen na Táboa de Parámetros para o Grao que queres cursar, logo mira a que MODALIDADE de Bacharelato corresponde na táboa de 2º Bach. Fíxate de novo en que hai materias que valen máis ca outras (0,1 ou 0,2) para escoller o itinerario de 2º.

UNIVERSIDADE: Táboas que me axudan a decidir

ABAU, QUE TEÑO QUE SABER AGORA?

QUEN A TEN QUE FACER

A ABAU, Avaliación do Bacharelato para o acceso á universidade, que sustitúe as PAU, unicamente ten que realizala o alumnado que quere acceder á Universidade. Para o alumnado de Bacharelato é obrigatoria, para o de FP é voluntaria (só farían a a parte voluntaria, o seu expediente conta o 100% )

AS PARTES E MATERIAS QUE INCLÚE

FÓRMULA PARA CALCULAR A NOTA DE ACCESO Á UNIVERSIDADE

-PARTE OBRIGATORIA: Inclúe as MATERIAS TRONCAIS XERAIS E A DE LIBRE CONFIGURACIÓN AUTONÓMICA que son: L. cast e Lit II 2ª L. Estranxeira II L. Galega II Hª Españae dependendo do Bacharelato cursado unha das seguintes que ademáis che contará na F.Voluntaria : Latín II(HUMANIDADES) Matemáticas aplicadas ás C.S II (C.SOCS) Matemáticas II (CIENCIAS) Fundamentos da Arte II (ARTES) -PARTE VOLUNTARIA: Examínaste das MATERIAS TRONCAIS DE OPCIÓN de 2º vinculadas ao Grao que queres cursar polo que DEBES ELEXILAS MOI BEN. Cada materia se multiplica por un PARÁMETRO DE PONDERACIÓN que pode ser 0,2 ou 0,1 Unicamente teñen en contan as dúas notas máis altas. Podes examinarte de ata catro materias. CONSULTA PARÁMETROS E MATERIAS en ciug.cesga.es.

60% expediente+ 40% fase xeral+ 4 puntos da fase voluntariaFase voluntaria:Nota Materia 1 x parámetro ponderación (01/0,2)Nota Materia 2 x parámetro ponderación (0,1/ 0,2)

Parámetros de ponderación 17-18

Ramas e Graos. Consellos para escoller materias de 1º Bacharelato

UNIVERSIDADE: que é a Nota de Corte?

É a nota do último alumno/a que entra nun Grao.Se a nota aparece na columna de XUÑO significa que se agotaron as prazas nesta convocatoria, se aparece en SETEMBRO indica que houbo prazas dispoñibles nesta convocatoria.As prazas con * en amarelo, indica que non se cubriron todas as prazas.Ver notas en: ciug.cesga.es

BECAS

BECAS, AXUDAS E SUBVENCIÓNS DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN, CIENCIA E DEPORTE (MECD) -Enlace: http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar.html. Tamén o tes no blog. -Para que etapas? Para todas, desde infantil á Universidade, pasando por estudos de idiomas, militares.-Convocatoria: aproximadamente a finais de xullo-agosto ata setembro. Atentos ao face de PIENSOSIENTOSOY-Solicitude: unicamente online BECA NEAE MECDPara as becas do alumnado con NEAE precísase ter informe do Dpto de Orientación e do Gabinete que atenda ao alumno/a. Hai que informar ao Departamento da súa solicitude. BECA CONCELLO

HEI, QUÉDANME DÚBIDAS!!!

Entón...-colle lapis e papel e escribe as túas dúbidas-consulta web do IES-facebook do IES-Blog e Facebook de Orientación

AS NOSAS ACTIVIDADES EN IMAXES

piensosientosoy.blogspot.compiensosientosoy@gmail.comhttps://www.facebook.com/piensosientosoyorientadora/

WEB: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesdemugardos/FACEBOOK:https://www.facebook.com/ies.mugardosYOUTUBEhttps://www.youtube.com/channel/UCg4Af_RgINuFW7zYJS1w2vAAULA VIRTUALhttp://www.edu.xunta.gal/centros/iesdemugardos/aulavirtual/

IES MUGARDOS