Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

MENTIRA

RADIOCLIPS A PARTIR DA OBRA DE CARE SANTOS

O alumnado de 2º ESO C leu Mentira, a obra de Care Santos, coa súa profe de Lingua Galega, Adriana Vázquez. Despois da lectura investigaron sobre a vida e obra da autora e sobre algún elemento narrativo da novela (personaxes, argumento...). Logo redactaron un guion que ofrecese o produto da súa investigación de forma creativa. O paso final consistiu na gravación dunha serie de radioclips, para os que tiveron como modelo o traballo dos ecuatorianos https://radialistas.net/. Os radioclips son os seguintes: - Care Santos por Care Santos: Nerea e Nayara. - Concurso: Quen sabe máis de Care Santos?: Marta Otero, Aida Currás e Jorge Ángel. - O argumento: Santiago Bouzón. - Eric e Xenia: Vera Ruíz e Eric Santiago. - Os centros de menores: Antía Rey e Noelia Paredes. - Opinións: Noelia Alonso, Leire González, Alexandre Soage. - Fragmentos: Alberto Álvarez, Raúl Martínez. - (Falsa) Entrevista a Care Santos: Noa Mayán, Laura Pouso, Mar Sanmartín.