Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

ACCESO ÓS ESTUDOS SUPERIORES DE DESEÑO 2017/18

Deseño de interiores

Deseño gráfico

Deseño de moda

ACCESO

PRAZO

  • A inscrición farase na Secretaría da Escola de Arte e Superior de Deseño de Galicia elixida en primeira ou única opción, no prazo comprendido entre o 17 de maio e o 9 de xuño de 2017.
  • Os aspirantes con algunha discapacidade poderán solicitar unha adaptación da proba.
  • Resérvanse prazas para deportistas de alto rendemento e/ou nivel.

MATRÍCULA

O prazo de matrícula nestas ensinanzas é: Entre o 12 e o 29 de xullo.

PROBAS

SABER MÁIS

  • Resolución do 4 de maio de 2017 pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Deseño para o curso 2017/18.
  • ORDE do 21 de novembro de 2016 pola que se regula a ordenación das ensinanzas artísticas superiores de Deseño e a proba específica.
  • Folleto informativo
  • Web da Consellería de Educación.

Requisitos

1. Cumprir un dos seguintes requisitos académicos: ( chega con cumprir un deles )a) Título de Bacharelato ou equivalente. Aquelas persoas que teñan pendente algunha das materias do bacharelato poderán realizar a dita proba e, no caso de obter praza, matricularse de forma provisional no prazo establecido; deberán acreditar a obtención do título de bacharel antes do inicio do curso no mes de setembro.b) Título de licenciado ou graduado universitario.Ter un título de Ciclo Superior de Artes Plásticas e Deseño, para os cales se reserva un 20% das prazas. c) Ter superada a Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.d) En caso de non cumprir requisitos académicos e ter 18 anos superar unha proba de acceso.

Para saber máis

2. Superar unha proba específica de aptitudes

1ª parte da proba

-Durante un máximo de catro horas, os aspirantes realizarán dous exercicios de debuxo: – 1º exercicio: debuxo mimético a man alzada, do natural ou a partir da documentación facilitada, dun modelo relacionado coa especialidade que se aspira a cursar, proposto polo tribunal, realizado a lapis de grafito sobre papel tamaño DIN A4. - 2º exercicio: debuxo a man alzada, utilizando os sistemas e técnicas de representación máis apropiadas aos estudos que se aspira a cursar, que serán definidos polo tribunal, do modelo do exercicio anterior

2ª parte da proba

  • A historia das artes en xeral.
  • A historia das artes aplicadas, os oficios artísticos e o deseño en xeral.
  • O deseño na especialidade que se aspira a cursar.

Ligazón para as probas máis en detalle

Celebrarase o 22 de xuño de 2017 na ESAD Pablo Picasso de A Coruña.