Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

TRES CHARLAS SOBRE ANIME Y MANGA

Isabel Cascante fala sobre a Factoría Ghibli, o estudio de animación xaponesa máis famosa do mundo, fundado por Hayao Miyazaki, Toshio Suzuki e Isao Takahata. De Ghibli proceden obras mestras como "Nausicaa", "A princesa Mononoke", "O meu veciño Totoro" ou "A viaxe de Chihiro". María Puentes escolle como tema A censura no anime e lémbranos que tamén o anime se rexe por un sistema de clasificación por idades e que non todos os contidos son aptos para os máis pequenos, sobre todo aqueles con violencia ou imaxes de contido sexual explícito. A partir de aquí, escolle algúns exemplos de censura curiosos, como o caso do episodio 38 de Pokemon, censurado porque provocou ataques de epilepsia fotosensitiva a varios espectadores xaponeses. Alba Rodríguez comenta diversos aspectos sobre a Moda xaponesa, y explícanos as características das gyaru, as ganguro, as lolitas, as sukeban, as bosozuku, as decora ou as visual key. As tres charlas foron pronunciadas polas alumnas durante a COMICON INTERCENTROS celebrada en Moaña os días 12 e 13 de maio de 2017