Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

9 ilustradores galegos de cómic

O proxecto de gravación de arquivos de audio sobre nove ilustradores galegos de cómic levouse a cabo na aula de 1º ESO C do IES As Barxas da man da súa profesora Margarida Ibáñez. Para levalo a cabo, cada alumna ou alumno escolleu algún autor que lle chamase a atención. Álex fixo a introdución á Banda Deseñada. Ana Pena falounos de Pepe Carreiro e, sobre todo, dos Barbanzóns. Ángela escolleu a José Antonio Bernal. Anxo decidiu investigar sobre Brais Rodríguez Verde. A Claudia gustoulle moito a figura de David Rubín. Enma Costas escolleu a Luis Davila. Iria quixo falar sobre unha muller, Enma Ríos. O autor que elixiu María foi David Braña. E Sara escolleu a Antonio Seijas.