Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

Premios extraordinarios de bacharelato 2017 en Galicia

Requisitos

Clica nos botóns interactivos para ver a información

Prazo de solicitude

Procedemento para a solicitude

Documentación para a solicitude

Realización da proba para optar ó premio

Datas das probas

Número e características dos premios

Enlaces para informarse

Web da Xunta con información Orde da convocatoria Aplicación na web da Xunta

  1. Ter rematado os estudos de bacharelato no curso 2016/17
  2. Ter acabado unha cualificación final media nos dous cursos de bacharelato igual ou superior a 8,75

O alumnado deberá realizar unha proba que se estruturará en dúas partes:1. Primeira parte, que se desenvolverá en dúas horas:1.1. Análise e comentario crítico dun texto sobre un tema de carácter xeral, histórico, filosófico ou literario.1.2. Resposta a cuestións de carácter cultural ou lingüístico sobre un texto na Primeira Lingua Estranxeira cursada polo alumnado como materia xeral do bloque de materias troncais do bacharelato. O exercicio realizarase sen dicionario no idioma correspondente. 2. Segunda parte, que se desenvolverá nunha hora:Desenvolvemento de temas, respostas a cuestións e/ou exercicios prácticos dunha materia xeral do bloque de materias troncais cursada polo alumnado para elixir entre as seguintes:

  • Matemáticas II
  • Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II
  • Latín II
  • Fundamentos da Arte II.

As solicitudes farase de dúas maneiras:

  1. Con DNI electrónico e mediante formulario ED311A na página https://sede.xunta.es
  2. Opcionalmente as solicitudes poden entregarse en calquera rexistro da Xunta de Galicia utilizando o formulario da sede electrónica ou o anexo I (os centros educativos non se consideran rexistros).

1. Poderase conceder un máximo de 20 premios extraordinarios.2. Cada premio estará dotado con 1.000 €.3. Estes premios extraordinarios de bacharelato son compatibles con calquera outro premio, incluídos os premios nacionais de bacharelato.4. O alumnado que obteña o premio extraordinario recibirá, ademais da contía económica, un diploma acreditativo e o/a secretario/a do centro público onde estea depositado o expediente académico, anotaralle nel a distinción.5. Os/as alumnos/as que obteñan o premio extraordinario de bacharelato poderán concorrer, logo de inscrición, ao correspondente premio nacional.6. O alumnado que obteña o premio extraordinario de bacharelato poderá estar exento, durante o primeiro ano e por unha soa vez, do pagamento dos prezos públicos por matrícula no primeiro curso dos estudos superiores nun centro público, segundo se estableza na normativa vixente para o curso 2017-2018.

  1. Formulario de solicitude ( Anexo I )
  2. Fotocopia DNI ou marcar consentimento de verificación de datos.
  3. O centro enviará certificación académica de bacharelato ( só no caso de que o alumnado non teña todo o seu expediente de bacharelato recollido na base de datos da aplicación XADE), onde se reflicta a cualificación final media, asinada polo/a secretario/a co visto e prace do/da director/a do centro público en que se atope o expediente académico.
  4. O centro enviará o Documento xustificativo da transferencia de datos, impreso por parte da dirección do centro onde se atopa o expediente do alumno

É dun mes contado a partir do 4 de maio de 2017

As probas realizaranse nos lugares e nas datas que se darán a coñecer mediante resolución publicada no Diario Oficial de Galicia e no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria https:// www.edu.xunta.gal