Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

TRABALLO MARIE CURIE

- 2º ESO -

¿MARIE CURIE?

ALBA

SEÑARÍS ROSENDE

MARIE CURIE

Marie Sklodowska naceu o 7 de novembro de 1867 en Varsovia. Era a quinta filla de Władysław Skłodowski, profesor de ensinos medios en Física e Matemáticas do mesmo xeito que o seu avó, e de Bronisława Boguska, quen foi mestra, pianista e cantante.Marie era a menor de cinco fillos: Zofia (1862), Józef (1863), Bronisława (1865), Helena (1866) e finalmente ela, Marie (1867).Naquel tempo, a maior parte de Polonia estaba ocupada por Rusia, que, tras varias revoltas nacionalistas sufocadas violentamente, impuxera a súa lingua e os seus costumes. Xunto coa súa irmá Helena, Marie asistía a clases clandestinas ofrecidas nun internado no que se ensinaba a cultura polaca.Os seus primeiros anos estiveron marcados pola penosa morte da súa irmá Zofia como consecuencia do tifo e, dous anos máis tarde, a da súa nai por mor dunha tuberculose. Eses eventos fixeron que Marie perdese a fe na relixión católica e se volvese agnóstica

Cando tiña dez anos, Marie empezou a ir á escola onde a súa nai traballara cando aínda se atopaba ben. Entre os seus intereses destacaba a paixón pola lectura (Marie mostrou a súa afección pola lectura aos catro anos, idade á que xa lía perfectamente), especialmente sobre historia natural e física. Posteriormente asistiu a un gymnasium ou instituto de secundaria feminino, onde se graduou o 12 de xuño de 1883 . Pasou o ano seguinte no campo con parentes do seu pai, e logo, xunto co seu pai, viviu en Varsovia, onde recibiron algunhas clases particulares. Na Secundaria foi sempre a primeira alumna da súa clase, e destacou por influír nas súas compañeiras o entusiasmo polo traballo. Polaco, ruso, alemán e francés eran algunhas das linguas que Marie dominaba. Naquel tempo, a maior parte de Polonia estaba ocupada por Rusia que, tras varias revoltas nacionalistas sufocadas de xeito violento, impuxera a súa lingua e os seus costumes. Xunto coa súa irmá Helena, Marie asistía a clases clandestinas ofrecidas nun pensionado nas que se ensinaba a cultura polaca.

DÓNDE ESTUDOU MARIE CURIE?

INSTITUTO DONDE ESTUDOU MARIE

Os seus logros inclúen o desenvolvemento da teoría da radioactividade, as técnicas para illar isótopos radioactivos, e o descubrimento de dous elementos, o polonio e o radio. Baixo a súa dirección, leváronse a cabo os primeiros estudos no mundo no tratamento das neoplasias, utilizando isótopos radioactivos. Fundou os Institutos Curie en París e en Varsovia, que seguen sendo os principais centros de investigación médica na actualidade. Durante a Primeira Guerra Mundial, estableceu os primeiros centros radiolóxicos de campo militar.Xunto co seu marido Pierre Curie e Henri Becquerel, recibiu en 1903 o Premio Nobel de Física e en 1911 o de Química polos seus traballos sobre o Radio. Posiblemente sexa a científica máis coñecida da historia.Marie Sklodowska Curie (ela sempre firmou cos dous apelidos) foi nacionalizada francesa e foi unha cidadá activamente leal ao seu novo país, pero nunca perdeu o seu sentido de identidade polaco: ensinou ás súas fillas a súa lingua materna e levábaas nas súas visitas a Polonia. O primeiro elemento químico que ela descubriu, en 1898, chamouno polonio como homenaxe ao seu país de orixe

INFORMACIÓN SOBRE MARIE CURIE

POLONIO

RADIO

CASA E MUSEO DE MARIE CURIE EN VARSOVIA

MARIE CURIE E PIERRE CURIE

En 1891 trasladouse a París para continuar os seus estudos inscribíndose na Facultade de Ciencias Matemáticas e Naturais da Universidade da Sorbona. A partir dese momento, Marie pasou a chamarse Marie Sklodowska. Malia ter unha sólida base cultural adquirida de forma autodidacta, Marie tivo que esforzarse para mellorar os seus coñecementos de francés, matemáticas e física, para estar ao nivel dos seus compañeiros. Estudaba durante o día, e facía tutorías pola noite, gañando só o suficiente para vivir.

MARIE CURIE EN PARÍS

A cátedra de Física

A cátedra de FísicaTrala morte do seu esposo en 1906, Marie obtivo a cátedra de Física na Sorbona que fora outorgada a Pierre en 1904.O 15 de novembro de 1906 Marie Curie deu a súa primeira lección. A expectación era máxima xa que se trataba da primeira vez que unha muller impartía unha clase na universidade. Alí acudiu un gran número de persoas; moitas delas nin sequera eran estudantes. Naquela primeira sesión, Marie falou sobre a radioactividade.

UNIVERSIDADE DA SORBONA

Marie Curie faleceu o 4 de de Xullo de 1934 en Francia. Marie morreu a causa dunha ¨ANEMIA PLÁSICA¨. Faleceu cando tiña 66 anos de idade.

MORTE DE MARIE CURIE

VIDEO SOBRE LA VIDA DE MARIE

FIN

Genially (@genially_web) | Twitter Twitter