Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

IGREXA DE VILABADE A igrexa de Santa María de Vilabade, en Castroverde, é popularmente coñecida como "Catedral de Castroverde". No ano 1979 recibiu a declaración de Monumento Nacional. Mandada construir no ano 1557 por Fernando de Castro, da Casa dos Condes de Lemos, e Diego Osorio encargouse das reformas realizadas no século XVII. Pertenceu a un mosteiro franciscano do cal non se conserva ningún resto. É de estilo oxival tardío e ten influencias gótico-románicas. No interior da igrexa pode apreciarse un fermoso conxunto escultórico de estilo barroco, do século XVII cunha serie de pezas moi importantes, tales como: unha talla de Santa María, sedente e xiratoria; San Xosé, San Xoán Bautista e Santiago Matamouros. Nos retábulos barrocos laterais: A Dolorosa, San Xoán Bautista, A Inmaculada, Santa Bárbara, Santa Catarina de Alexandría e Santa Lucía. Na sacristía, un Cristo gótico popular, do século XVI. É unha das igrexas máis fermosas do seu xénero en Galicia. Está en pleno Camiño Primitivo a Santiago de Compostela

IGREXA SAN SALVADOR DE SOUTOMERILLE San Salvador de Soutomerille é unha parroquia deshabitada, a igrexa parroquial, en ruínas, é prerrománica reconstruída no século XVII. Consta de nave rectangular, arco triunfal de medio punto e ábsida tamén rectangular, coa bóveda similar á da nave. O carácter renacentista da obra vése sobre todo no frontis que se adorna cun frontón recto partido pola base, no tímpano figura un escudo con lis, unha lanza e un castelo. No testeiro da ábsida consérvase unha preciosa ventá mozárabe coas catro seteiras coroadas con arquiños de ferradura. Os constructores colocaron unha inscrición alusiva a esta pedra: "QVAM SIT ANTIQUA/ECCLESIA LAPIS IN/FERIOR TESTATVR"

SARTEGOS EN RECESENDE Sartegos altomedievais, situados nun outeiro coñecido polo topónimo de Outeirín "terra granítica", nun terreo lindeiro co adro da igrexa.

IGREXA DE SANTO ESTEVO DE FURÍS Igrexa dos séculos XVI-XVII con dúas naves separadas por tres arcos. Espadana de dous corpos e tres vans con decoración barroca. Ten un interesante pórtico ou cabido diante da fachada. O retablo principal é neoclásico. Ao lado hai un cruceiro con base de planta cadrada con varios chanzos que soportan un fuste octaédrico con capitel troncocónico sobre o que vai a cruz. Tamén hai un pousadoiro en forma de púlpito ( un dos poucos que quedan en Galicia)

MOSTEIRO DE SAN CIBRAO DE MONTECUBEIRO Con oito séculos de historia, o conxunto de San cibrao de Montecubeiro, foi primeiro un mosteiro beneditino e máis tarde convento dominico. Aínda conserva as hortas, un patio central e instalacións de todo tipo, como o forno ou as adegas. Está sinalado como un dos conxuntos monumentais que corre un maior risco de desaparición polo seu abandono. Os expertos destacan que a historia deste convento de Montecubeiro está moi ligada á da comunidade, con feitos coma a matanza de 15 persoas nos anos 30 a mans dos franquistas.

IGREXA DE ESPASANDE Situada preto dun castro, é un dos mellores exemplos de arte románico rural na provincia de Lugo. É de planta rectangular, fabricada en mampostería e sillería de granito e protexido de lousa. A igrexa composta dunha só nave cuxo ábside é semicircular. No interior destacan os seus retablos, dous barrocos e ao lado dereito un neoclásico. A fachada principal é do século XIX e remátase cunha espadana dun van, mentres as restantes levan unha robusta cornixa sobre rudos modillóns, algúns deles historiados. En Espasande, ademais da igrexa, cómpre ver as fontes da Bica e do Pacio

MUÍÑO DO FERRADAL É un muíño de cubo, de cantería, dunha moa.Ten planta rectangular e unha estrutura vertical con muros en cantería e cachotería de granito. A cuberta, de lousa a dúas augas, apoia en trabes e cangos de madeira. No Ferradal remata o roteiro dos muíños de poñente.

QUIOSCO DA MÚSICA DE BOLAÑO Situado no centro da aldea ao lado da ponte sobre o río Chamoso. En Bolaño nos anos 50 houbo unha banda de música, e era aí donde tocaban polas festas do San Ramón en agosto, e da Santa Eulalia en Decembro.

COVA DA VALIÑA DE BOLAÑO Descuberta en 1962 en traballos de extración de pedra para facer cal, foi o primeiro lugar en Galicia no que se atoparon útiles óseos paleolíticos. Hai 32000 anos, grupos de homes e mulleres Neanderthais habitaron esta cova. A súa alimentación estaba baseada na recolleita e na caza principalmente de bóvidos, cabalos, coellos, pero tamén competían polo alimento con outros, como osos, rinocerontes ou lobos.

PAZO CELLÁN DE MOSTEIRO Claro exemplo do barroco do século XVIII. O pazo está levantado sobre unha planta en forma de L cunha torre de 3 pisos. No interior consérvase unha gran cociña tipo lareira e os restos dunha mazmorra no soto. Na parte central ten dous escudos.

PAZO DE ABRAIRA-ARANA Coñecido como Casa Grande de Vilabade, foi mandado construír por Diego Osorio Escobar y Llamas (Capitán General y Virrey de la Nueva España (México), para ao seu retiro e descanso, o pazo está mirando á praza da Igrexa de Santa María de Vilabade. ´É un edificio de planta cadrada de tres alturas fabricado en manmpostería de lousa e sillería de granito nas partes máis nobles, con cuberta de lousa a catro augas, cun corpo central máis elevado que proporciona luz ao interior, e unha cheminea cilíndrica con remates barrocos. Encima da porta principal hai unha ventá balconeira con dous escudos aos lados, cos blasóns dos Montenegro, Páramo, Osorio e Ulloa.

CAPELA DO CARME DE VILABADE Mandada construír no século XVII por iniciativa da familia Montenegro-Páramo Osorio Ulloa. A capela ten unha fachada blasonada con 3 escudos. Un aparece con coroa e dous con celada. No dintel da porta da entrada, labrada na pedra, destaca unha cara de mirada fixa que semella estarnos observando. e debaixo da cara unha a letra M no medio dun círculo inicial dos Montenegro. Preto da capela puido estar o desaparecido Hospital de peregrinos de S. Gabriel de Vilabade que atendía aos franciscanos do convento cercano. Tamén ao lado está a fonte do romeiro, lugar de parada dos peregrinos que veñen facendo o Camiño Primitivo no tramo Vaqueriza- Vilabade.

PAZO DE CARBALLEDO (PENA) Pertence ao século XVIII, cunha superficie por planta de 1000 m. cadrados e dúas plantas. Ten un gran patio central cun pórtico formado por 4 arcos centrais e 2 máis en cada esquina. Na parte frontal presenta dous escudos feudais.

MUÍÑO DE LAMELA Situado na aldea de Rodinso, cerca de Bolaño, é un dos poucos muíños de Galicia que conta cunha nora ou noira externa, e o único deste tipo que se coñece en Castroverde. Pertence á ruta dos muíños de Poñente, que comeza co muíño de Ferradal en Francelos e termina no muíño de A Veiga en Montecubeiro cun percorrido aproximado de 22 Km.

IGREXA DE TÓRDEA Moi preto de Lugo, na parroquia de Tórdea, en Castroverde, atópase un pequeno museo pouco coñecido polos lucenses e os amantes do patrimonio. Trátase da igrexa de San Tomé de Tórdea, onde se poden observar tres estilos arquitectónicos: prerrománico, románico e barroco. A súa orixe pode situarse arredor do século VIII, sufrindo distintas restauracións entre os séculos X e XVI. Dos primeiros tempos sería o anaco dunha lápida funeraria cristiá atopada hai anos por un veciño cando araba unha leira da súa propiedade, nun terreo próximo ao templo, e na que, traducida do latín, se le: «O servo de Deus, Licinio, morreu na era octoséxima trixésima segunda» (corresponde ao ano 794); na actualidade atópase no Museo Provincial de Lugo. Nos muros exteriores chaman a atención os materiais reempregados correspondentes ás épocas prerrománica e románica. Prerrománica é unha ventá lobulada na fachada leste do presbiterio, e prerrománicas e románicas son varias pedras decoradas con motivos xeométricos e unha inscrición incrustadas nas paredes O interior tamén merece unha detida visita, salientando o tímpano lobulado triangular e as interesantes pinturas murais, posiblemente de arredor do ano 1500, que adornan a ábsida e que representan escenas dos Evanxeos. O presbiterio ten un gran arco triunfal de medio punto en cuxo intradós dunha das doelas hai unha inscrición coa data de 1719 que nos fala da reedificación do conxunto. O retábulo principal é do século XVI. Tamén conserva unha pía bautismal con dúas cruces de Malta e a data de 1511. Pero, ademais do anterior, a igrexa e os arredores resérvannos outras sorpresas. Para facer o muro que pecha o adro reaproveitáronse as tampas funerarias dos sepulcros que en tempos estaban a ras do chan. E volvendo ao interior da igrexa, na capela absidal, detrás do altar, hai dous fragmentos dun miliario romano (descoñécese cando foi partido) situados a ambos os lados do Sagrario moderno que pousa sobre unha antiga columna románica. Ata non hai moito, no adro había outro anaco dun miliario que na actualidade levaron xunto unha árbore próxima, e alí se atopa tirado. Nunha casa da aldea hai outro miliario. Preto da igrexa consérvase un tramo da vía romana XIX que comunicaba Lugo con Astorga.

TORRE DE CASTROVERDE Situada no cumio dun outeiro sobre o que se levanta a vila, sobre as ruinas dun antigo castro. Destacan, no lado norte, a porta de entrada con lintel semicircular, adornado coa figura en relevo dun guerreiro; no oeste, unha ventá con arco e tímpano e escudo de seis roeles; e no lateral sur, unha ventá con dobre aspilleira, en arco.

NECRÓPOLE DE GOI Época altomedieval. Trátase de tres tumbas antropomorfas, escavadas na rocha e pertecentes a dous adultos e un neno, posiblemente da mesma familia. Atópanse no interior do recinto do Castro de Goi