Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

EXPLICAMOS OS DETERMINANTES AOS NOSOS COMPAÑEIROS

rosprofegal@gmail.com

ÍNDICE

1. Que temos que facer?

2. Como o imos facer?

3. De que tempo dispoñeremos?

4. Como seremos avaliados?

1. 1. QUE TEMOS QUE FACER?

1. Cada equipo terá que especializarse nun tipo de Determinante. 2. Estudararemos tanto os aspectos teóricos coma prácticos. 3. Por internet realizaremos unha batería de exercicios con autocorrección. 4.1. Explicaremos aos nosos compañeiros a categoría gramatical que abordamos recorrendo a unha presentación (power point, Popplet, Mindomo..). 4.2. Propoñeremos unha selección dos exercicios que realizamos aos nosos compañeiros e que creamos que poden axundar a entender mellor a materia.

1. 2. QUE TEMOS QUE FACER?

5. Tamén realizaremos, ante a clase, un exercicio creativo co tipo de determinante que teñades encomendado. 5.1. O exercicio creativo poderá tratarse de: un monólogo, un role playingl, un rap, un titorial en You Tube... 5.2. Durante a exposición do mesmo, teremos que buscar a interacción da clase. 6. A profe reservará medio punto da cualificación final desta tarefa, se máis do 50% da clase recoñece correctamente os determinantes que explicamos nunha proba escrita que ela deseñará para tal fin.

2. COMO O IMOS FACER?

  • Repartindo as tarefas nos diarios de aprendizaxe
  • Levando un rexistro do que facemos na aula.
  • Tratando de superar as dificultades que atopemos.
  • Conservando a calma cando algo non sae á primeira.
  • Pedindo axuda cando o necesitemos.

3. DE QUE TEMPO DISPOÑEREMOS?

Contaremos con seis clases para rematar a tarefa. As presentacións terán lugar no sétimo día contado a partir de hoxe.

5. COMO SEREMOS AVALIADOS?

Teremos que cumprimentar todos os diarios de aprendizaxe.

A profe aplicará as táboas de observación para comprobar se aplicamos ben as estruturas e estamos traballando cooperativamente

Para valorar o traballo final a profe empregará unha rúbrica.

A AVALIACIÓN POLO MIÚDO...

1. 20% Cubrir e entregar á profesora os catro diarios de aprendizaxe. 2. 5% Acabar en prazo todas as tarefas. 3. 5% Respectar todos os ítems propostos na realización da presentación.4. 5% Táboas de observación da realización das estruturas.5. 25%. Presentación: Avaliarase cunha rúbrica que se vos entregará previamente.6. 30%. Exposición oral do traballo. Co-avalirémola cunha escala de rango.7. 5%. Acadar a implicación do resto da aula nas dúas tarefas propostas.8. 5%. Acadar que o resto da clase aprenda os contidos expostos (isto verificarase nunha proba escrita que se realizará nos días seguintes ao remate das presentacións).

TIPOS DE DETERMINANTES

1. Os artigos. 2. Os posesivos. 3. Os demostrativos. 4. Os indefinidos (identificadores) 5. Os indefinidos (cuantificadores). 6. Os relativos, interrogativos e exclamativos. 7. Os numerais

ANIMÁDESVOS?

rosprofegal@gmail.com

Segundo de ESO

Curso 2016-2017