Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

A familia Brancacci, ricos comerciantes de seda, encargou a decoración da capela a Masolino e Masaccio. Cando aquel marchou a Hungría, Masaccio continuou en solitario ata o seu falecemento. Remataría o traballo, tempo despois, Filippino Lippi . No grupo inclúe os retratos de Masolino, o máis próximo á parede, el mesmo mirando ó espectador, Brunelleschi e Alberti. Masaccio é un home moi novo -25 anos-, que tan só levaba dous anos traballando con taller propio. Contan que era áspero no trato pero bondadoso, obsesivo, distraído e descoidado do seu aspecto por centraren todo o seu ánimo nos asuntos da arte.

A súa prematura morte sen ter cumpridos vintesete anos - segundo algunhas versións envelenado- non impediu que a súa mestría o teña convertido en fito da historia da arte. Empeñado en aplicar as leis da perspectiva, en plasmar o volume, en dar vivacidade, en acentuar a expresión dramática, en modelar a través do claroscuro, Masaccio senta as bases definitivas do Renacemento. Vasari escribe que foi o primeiro en pintar os pés sobre o plano en escorzo, desterrando a torpeza de facer as figuras no bico dos pés.

MASACCIO

San Pedro na cátedra (1424-28), frescos da Capela Brancacci

Tamén está o seu autorretrato nun dos apóstolos no Tributo da moeda

"Sorpréndanos con una frase rompedora"

FRA FILIPO LIPPI

Con oito anos, orfo de nai, entrou no convento carmelita do Carmine de Florencia, onde se amosou destro e enxeñoso nas labores manuais, pero bruto e pouco capacitado para o estudo das letras, polo que os propios monxes lle facilitaron a aprendizaxe da pintura. O hábito non cortou a conduta pouco respectuosa coas obrigas da vida relixiosa como mostra a súa relación con Lucrezia Buti, monxa de clausura florentina, filla dun comerciante de sedas que á súa morte deixou arruinada a familia. O seu fermoso rostro serviría de modelo a unha emblemática obra (Virxe con Neno e anxos). Os dous ingresaran moi novos no convento máis por mor das economías que pola "chamada de Deus". O escándalo estalou cando raptou a Lucrezia na procesión de Santa Cinta e a levou a vivir con el. Grazas á intervención dos Medici -do seu protector Cosme o Vello que a el se refería como de raro inxenio-, logrou a suspensión dos votos para viviren xuntos aínda que nunca casaron, pese a ter obtido a dispensa papal. Parece que non quería atadura algunha senón que prefería "facer de si e do seu apetito" o que quixera. Desta unión nacerían dous fillos, un deles o tamén pintor Filippino Lippi

O seu carácter impulsivo, apaixonado, inconstante, habitualmente cheo de débedas e con problemas legais, nada tiña que ver coa súa produción artística. Dí Vasari "foi tan estimado polas súas boas calidades que moitas cousas censurables da súa vida foron disimuladas polo alto grao do seu talento"

Nacido nunha familia acomodada de comerciantes, comezou formándose nas materias precisas para esa actividade -matemáticas, cálculo, xeometría- e paralelamente na pintura. Nestes dous campos serán importantes as súas aportacións. Como erudito e teórico deixou escritos tres textos (Sobre a perspectiva para a pintura, Libriño dos cinco sólidos regulares e Tratado do ábaco) que Luca Pacioli incluiría logo nos seus propios escritos (De divina proportione, con ilustracións de Leonardo). Vasari acusa a Pacioli de copiar e plaxiar a della Francesca que fora o seu mestre.Hai tres elementos que vertebran o seu estilo: a perspectiva e as formas xeométricas, o naturalismo e o estudio da luz. Moitos teñen sinalado a similitude co clasicismo grego en tanto contención, solemnidade e proporción matemática como medio de plasmar a beleza.

A obra pictórica -en grande parte perdida- desenvolveuse de xeito itinerante baixo o mecenado das grandes familias: os Este de Ferrrara, os Malatesta de Rímini, os Montefeltro de Urbino e o papa Nicolás V en Roma. Conta Vasari que gostaba facer modelos en barro e colocarlles encima as roupaxes, para copialos con infinidade de pregas.Nos derradeiros anos da súa vida quedou cego, morrería xa ancián. Deixou redactado o testamento no que se describía como "san de mente, de intelecto e de corpo"

PIERO DELLA FRANCESCA

Virxe da Miseriocordia, Arezzo, 1445-62

Son estos frescos de Arezzo os que aparecen nesta magnífica secuencia da película O paciente inglés

Resurrección, 1463-64

Lenda da Vera Cruz, Capela Bacci, Arezzo, 1450-63

O único coa cabeza descuberta e en disposición frontal

BENOZZO GOZZOLI

Discípulo de Fra Angélico e, posiblemente, colaborador nalgunha das súas derradeiras obras. Vasari destaca que aínda que non acadou a altura de moitos outros que o superaron na perfección do debuxo,os superou en laboriosidade, ó tempo que fai referencia ó seu talento inventivo, especialmente para pintar animais, perspectivas, paisaxes e ornamentos, como demostra este ciclo dos Reis Magos, onde emprega os materiais máis custosos e ricos como o lapislázuli e o ouro, inclúe animais exóticos, deseña unha minuciosa paisaxe de fondo. Unha grandiosa escenografía destinada a glorificar a poderosa familia dos Medici, que se presentan acompañados de familares, amigos, aliados, invitados, humanista e persoeiros da vida social e política da cidade.Na Cabalgata de Gaspar salienta a súa figura coa mirada e para que non haxa dúbida da autoría dos frescos, dispón sobre o gorro o texto: Opus Benotii

Capela dos Magos (1459-61), Palazo Medici-Ricardi, Florencia

Lenda da Veracruz Frescos de Santa Croce, Florencia (1380-90)

MANTEGNA

Os seus derradeiros anos estiveron marcados polas dificultades económicas e as inquedanzas do seu papel diante das novas xeneracions de artistas ó ver como Isabella dell'Este, a culta esposa de Francesco, chamaba a Perugino ou prefería a Leonardo ou a Tiziano para os retratos.

Con dezasete anos conta con taller propio en Padua tras romper co seu primeiro mestre que o introducira no coñecemento do mundo clásico, unha paixón polo clasicismo arqueolóxico que manterá toda a súa vida. O casamento con Nicolasia Bellini -filla de Jacopo e irmá de Giovanni e Gentile- supuxo a entrada na influínte familia de pintores da escola veneciana. Mais o paso á corte dos Gonzaga, agora dirixida polo humanista Ludovico III, en Mantua marcou un xiro na súa vida: durante máis de cuarenta anos será pintor de corte ademais de director artística e supervisor das coleccións de arte. O contrato incluía vivenda (deseñadada por el mesmo), suministro de grán e madeira para queimar, xunto con quince ducados mensuais. Alí permanecerá -agás breves parénteses- ata o seu falecemento no 1506 levando unha vida de verdadeiro cortesán, recibirá o título de eques palatinus. Moitos lamentaron a súa perda, está recollido que Durero expresou que era "a dor máis grande da súa vida" Meticuloso no traballo, recibiu a miúdo queixas dos seus mecenas. Contan que cando Inocencio VIII visitou os frescos que estaba a realizar no Belvedere do Vaticano, sabedor de que o artista se queixaba de non recibir cartos, preguntou por unha figura e Mantegna respondeu que se trataba da Prudencia, entón o Papa dixo: "Se queres que quede mellor ponlle ó lado a Paciencia".

Obra de xuventude -menos de vintacinco anos- destinada á esfera privada e realizado dous anos despois do seu matrimonio.Á dereita asoma o seu rostro, mentres que a figura feminina da esquerda se identifica con Nicolasia. Ambos claramente en menor tamaño.

Presentación no templo, c.1445



GIOVANNI BELLINI

O matrimonio de Mantegna coa súa irmá determina na súa produción unha fase de marcada influencia do seu cuñado, como ben exemplifica esta obra onde ademáis da súa figura inclúe outros membros da familia.Giovanni, fillo natural de Jacopo, considerado mozo prodixio na súa valía artística, desenvolveu unha alta produción que lle permitiu renovar o seu estilo para poñer as sementes da seguinte xeneración (Tiziano, Giorgione)

Presentación no templo, 1460

BOTTICELLI

Dado que non amosaba interese polo estudio, o seu pai colocouno de orfebre, mais pronto pasou a formarse na pintura no taller de Filippo Lippi, logo no do Verrocchio e finalmente montou a súa propia bottega. Pronto foi recoñecido entre as grandes familias florentinas e, especialmente, entre os Médicis. Estivo fascinado polo clasicismo, o humanismo e o neoplatonismo o que non im pediu a súa conversión ó grupo dos Piagnoni, ferventes seguidores de Savonarola. Vasiri sinala que era agradable e agraciado, pero dado á diversión e ó derroche, ó final da súa vida, vello e desvalido, arrastrábase con dúas muletas [...], enfermo, decrépito e na miseria. Morreu con setenta e dous anos e foi enterrado ós pés da tumba da súa amada, platonicamente, Simonetta.

Adoración dos Magos, c.1476

Lenda da Veracruz Frescos de Santa Croce, Florencia (1380-90)

Morreu novo, con cuarenta e sete anos, probablemente dunha anxina de peito. Viviu sempre con grandeza de decoro, merezendo cubrir coa graza da súa virtude a infamia do seu nacemento (Vasari)

FILIPPINO LIPPI

O fillo de Filippo Lippi comezou pronto a colaborar co seu pai e del recibiu as primeiras leccións. Morto o seu pai -el contaba con doce anos- pasará ó taller de Botticelli a quen xa trataba por seren discípulo de Filippo e que marcará os trazos do seu estilo inicial. De Filippino, Vasari dí que foi o primeiro en recuperar a decoración romana dos grutescos, subliña a súa capacidade inventiva nos ornamentos e nas vestimentas, xunto con as moi fermosas actitudes das figuras ó modo antigo. Foi o encargado de rematar os frescos da capela que Masaccio deixara inacabados. Nesta escena autorretrátase no lado dereito. Vemos un mozo que tería vinteseis-vintesete anos, de fermosas faccións e mirada franca. Na mesma escena inclúe a Pollaiuolo -con gorra vermella mirando cara á esquerda- e rende homenaxe o seu mestre Botticelli, integrando o seu retrato na escena do Martirio de San Pedro

Disputa de san Pedro e Simeón o Mago diante de Nerón, c.1483, Capela Brancacci, Florencia

"Sorpréndanos con una frase rompedora"

Pintor da escola de Urbino, entonces importante centro cultural e artístico baixo o mecenado de Federico de Montefeltro.. Pasosu tempo formándose en Padua elogo pasou a Roma onde o papa Sixto IV o nomea pictor papalis, un verdadeiro recoñecemento da súa labor artística. Vasari escribe que Melozzo Era un fervente estudioso da arte, particularmente puxo moito estudio e dilixencia para facer escorzos. Firme admirador de Mantegna e o seus ilusionistas escorzos, Melozzo foi o primeiro en facer, con gran éxito, un escorzo di sotto in su

MELOZZO DA FORLI

Entrada de Xesús en Xerusalén, Santuario de Loreto, c.1480

"Sorpréndanos con una frase rompedora"

Nado nunha recoñecida familia de artistas florentinos, foi pintor notable aínda que non excelso. Pese a todo foi premiado por Sixto IV pola calidade dos seus frescos na Sixtina, valorando os delicados azuis ultramarinos, as vivas cores e os ricos dourados, segundo Vasari para ocultar os seus defectos en debuxo e inventiva. Competía con Perugino, Botticelli, Ghirlandaio e Pinturicchio. Nos derradeiros anos da súa vida foi seguidor das incendiarias prédicas de Savonarola Este fresco reproduce fielmente o marco arquitectónico da cidade de Florencia no 1340 coa procesión contra da peste coa sangue do milagre acaecido no século XII cando unhas pingas de viño se converteron en sangue de Cristo No mesmo lado esquerdo que o propio pintor, un grupo de tres grandes humanistas -Marsilio Ficino , Giovanni Pico della Mirandola e Agnolo Poliziano- .

COSIMO ROSSELLI

Milagre do cáliz, Capela do Milagre do Sacramento, Florencia, 1485-86

GHIRLANDAIO

Domenico Bigordi, coñecido polo alcume de Ghirlandaio -pola grilandas que se facían para o peiteado feminino- comezou como ourive no taller do seu seu. Pronto deixou o oficio para facerse pintor, primeiro como aprendiz no taller de Verrocchio onde tamén se formarán Botticelli, Perugino e, tempo despois, Leonardo. Xa independizado tivo como alumno a Miguel AnxoVasari retrátao como un gran traballador ata o punto de indicar ós aprendices do taller que colleran todos os encargas aínda que se tratara de asas de cestos. Os últimos dez anos da súa vida foron tremendamente productivos, máxime tendo en conta que morreu sen ter cumpridos os 50 anos.Foi moi valorado polo sentido narrativo, o detallismo de influencia flamenga, a coidada perspectiva, a fidelidade no retrato e a verosimilitude na ilustración dos ambientes fiorentinos como marco da representación. Tendente a contentar sempre os comitentes, non dubidou en incluílos: membros das familias principais (Strozzi, Medici, Sassetti), homes relevantes, humanistas, ... poden ser recoñecidos. Ese gusto polo retrato amósao igualmente ó se insertar el mesmo en moitas das súas obras. Posiblemente sexa quen máis veces se autorretrate na súa obra, tres veces o fai nos frescos da capela Sassetti: Adoración dos pastores, Milagre do neno resucitado, Exequias de san Francisco

Frescos da Capela Sassetti (1482-85), Florencia

Despois da Capela Sassetti emprende a decoración da Capela Tornabuoni en Florencia cun ciclo dedicado á Virxe a a san Xoán Bautista (1485-88).Aquí encontrámolo en dúas ocasións, na Expulsión de Xaquín do templo e na Aparición do an anxo Zacarias

Paralelamente pintou unha táboa coa Adoración dos Magos para o Hospital dos Inocentes, o orfanato florentino. O contrato especificaba que debería ser da súa propia man, non das dos aprendices. Indicativo de que isto sucedía habitalmente. A táboa inclúe outros dous temas: a matanza dos inocentes á esquerda, e o anuncio ós pastores á dereita detras da comitiva dos magos

PERUGINO

Entrega das chaves a san Pedro, Capela Sixtina,1481-82

Pietro Vanucci, alcumado il Perugino pola súa natal Perugia, formouse con Piero della Francesca e VerrocchioCaracteriza a súa obra as equilibradas composicións, as estudiadas perspectivas, as formas elegantes, o suave cromotamismo, as formas ben definidas polo debuxo, os rostros anxelicais.Foi un traballador incansable que mantivo activos ó tempo dous talleres, en Florencia e Perugia, contando con moitos asistentes e aprendices. Ademais de se desprazar a todos aquelas cidades italianas que reclamaban o seu arte..Alcanzou notable sona ata que Isabela d'Este que o chamara para decorar o seu estudio en Mantua, non gustou do seu traballo. As críticas arreciaron nas seguintes obras, acusado de repetitivo e carente de emoción.A súa sona foi en decandencia, realmente ssemella que non soupo, ou non puido, renovarse estilísticamente para adaptarse ás innovacións estéticas que amosaban a seguinte xeneración, con Leonardo, Miguel Anxo ou o seu discípulo Rafael.Dí Vasari que gañou incontables riquezas e que foi pouco cristián.

Inclúe non fondo dous escenas máis: a Lapidación á dereita e o Pago do Tributo á esquerda. Repite un esquema similar nos Desposorios da Virxe.

Rafael sigue o seu mestre Desposorios da Virxe.

Lenda da Veracruz Frescos de Santa Croce, Florencia (1380-90)

GIOVANNI BAZZI

A maior parte do seu traballo desenvolveuse en Siena se ben tamén estivo en Roma colaborando con Rafel nas estancias do Vaticano Vasari atribúe o seu alcume ó estar sempre rodeado de mozos novos, sen embargo tal afirmación é cuestionada. El mesmo aceptou sen vergoña tal apelativo e o empregou como sinatura. Levou sempre unha vida irreprochabel, o memo papa León X lle otorgou o título de Cabaleiro de Cristo. A súa obra apunta xa formas manieristasGustaba de incluir todo tipo de animais: serpes, gatos, ourizos, porco teixos,...

Historia de San Bernado, frescos de Monte Oliveto, 1505

Lenda da Veracruz Frescos de Santa Croce, Florencia (1380-90)