Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

As matemáticas nas plantas

Serie de Fibonacci: 1, 1, 2, 3, 5, 8, 13, 21, 34, 55, 89,... Fn = Fn-1 + Fn-2, é dicir:

Calquera número da serie é a suma dos dous anteriores á posición n, e calquera número da serie dividido polo anterior aproxímase ao número "Fi" ou Φ = 1,618... máis exactamente canto maiores sexan os números divididos.

Cando a relación entre dous ángulos que suman o arco completo (360º) é o número Φ, o máis pequeno deles denomínase ángulo áureo e mide 137'5º, e o complementario, 222'5º.

Toma de datos

Escolle plantas nas que se cumpra algunha das condicións seguintes: As follas, flores ou froitos están inseridas helicoidalmente. Presenta inflorescencia en capítulo (Familia Asteraceae) Un arbusto ramificado intacto ou unha inflorescencia en corimbo - Agora identifícaas, e para axudarte instala as seguintes aplicacións:

A disposición helicoidal

Crecemento helicoidal

  1. Corta un papel coa escala de ángulos impresa.
  2. Leva un corte ata o centro, onde deixarás un oco do tamaño do talo a medir.
  3. Mide os ángulos que forman con respecto á folla anterior e anota nunha folla de cálculo.

A disposición en espiral

Selecciona unha inflorescencia en capítulo na que se vexan ben os seus elementos, os flósculos: - Conta o número de espirais, nun sentido e no outro. - Mide o ángulo que forman ao cortarse.

Busca outras espirais que atopes en plantas, brácteas dunha piña de piñeiro, dunha piña de ananás,...

Conta as pólas á altura de cada nó

Na ramificación, as bifurcacións en distintas pólas adoitan coincidir, crecendo o número destas pola serie de Fibonacci.

Ramificación

Para saber máis...

Series de Fibonacci na natureza

Os resultados colgarémolos en:

Filotaxis

Autores e libros (trad. castelán): D'Arcy Thompson. Sobre el crecimiento y la formaPeter S. Stevens. Patrones y pautas en la naturalezaIan Stewart, El segundo secreto de la vidae moitos máis...

Aprendemos da natureza no Val do Tea

> Crea o teu blog de aula, con blogger ou wordpress

ou