Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

ELECTRÓFONOS

​OS INSTRUMENTOS ELECTRÓFONOS

ELECTROMECÁNICOS

ELECTRÓNICOS

SEN ELES NON HABERÍA ROCK AND ROLL

RAREZAS

A NOSA FAVORITA

O SINTETIZADOR, UN INSTRUMENTO?

O REACTABLE: MADE IN SPAIN

OUTROS ELECTROFONOS

Tipos de Electrófonos Os ELECTRÓFONOS: son aqueles instrumentos que se serven da electricidade para emitir sons musicais. Esta é a familia máis moderna.Hai dous tipos de electrófonos: Os electromecánicos e os electrónicos.

ELECTROMECÁNICOS Un dos instrumentos electromecánicos máis habituais é a guitarra eléctrica, neste vídeo podemos ver a Slash, guitarrista de Guns and Roses facendo un dos mellores solos da historia do Rock. - Os instrumentos electromecánicos: Producen os sons por un medio mecáncico, por exemplo punteando unha corda, pero a súa amplificación é electrónica. Son deste grupo, a guitarra eléctrica e o baixo eléctrico.

Clara Rockmore, la mejor intérprete del Theremin. Clara Rockmore naceu hoxe, fai 105 anos en Lituania (1911). Xa desde pequena destacaba como músico polo que ingresou no conservatorio de San Petersburgo. Clara estudou violín e prometía ser unha virtuosa, pero unha enfermidade nos ósos lle forzou a abandoar os estudos deste instrumento.Debido a esta enfermidade e a non querer abandoar o seu soño de converterse nunha gran artista, Clara Rockmore comezou a especializarse no Theremin e probablemente, converterse nunha das mellores músicos deste peculiar instrumento que, para beneficio de Clara Rockmore, non hai que «tocar» de xeito físico, senón que funciona a través das ondas no aire.Os pais de Clara Rockmore quixeron que as súas fillas convertésense en grandes músicos dos seus respectivos instrumentos, pois a irmá de clara era unha gran pianista, tiveron que pasar grandes calamidades ata que chegaron ilegalmente aos Estados Unidos para que as irmás Rockmore explotasen ao máximo o seu talento.Aínda sendo un prodixio do theremin e tocar coas filarmónicas de Toronto, Filadelfia e Nova York, Clara Rockmore non gravou un disco ata que tivo 66 anos de idade. Fíxoo en 1977 e chamouse «The Art of Theremin», (a arte do theremin en español).Clara Rockmore era tan prodixiosa co theremin que o propio creador do instrumento, Louis Theremin estaba namorado dela e propúxolle numerosas veces unha relación, a cal, Clara Rockmore rexeitou e terminou casándose co avogado Robert Rockmore de quen tomou o seu apelido ata a súa morte en 1998 na cidade de Nova York. Goggle adicoulle o seu doodle Clara Rockmore gravou tres discos máis logo da súa morte «Clara Rockmore's Lost Theremin Album», o cal gravo xunto á súa irmá Nadia ao piano, «Ionisation (1927-1945)» e «Music In and On The Air»

Batería eléctrica, piano sintetizador Todas as posibilidades dun piano sintetizador E un só de Batería electrónica - Os instrumentos electrónicos: Xérase o son e é amplificado por medios electrónicos. Estes instrumentos utilizan un ou máis osciladores para xerar sinais acústicos, e a partir destes sinais pódense xerar unha gran variedade de timbres. A este grupo pertencen o órgano electrónico e o sintetizador.

RAREZAS ELECTRÓNICAS Grazas a electricidade desenvolvéronse instrumentos tan raros como os seguintes

OUTROS ELECTRÓFONOS Existen outros electrófonos os cales resúmense no siguiente vídeo:

Reactable O reactable e un instrumento electrófono que foi creado na universidade española Pompeu e Fabra de Barcelona. É un instrumento musical electrónico colaborativo: está pensado para que sexa manipulado por varias persoas á vez, que poden estar no mesmo sitio ou ben participar de modo remoto. A súa interfaz é táctil e ten forma de mesa circular interactiva iluminada. Sobre ela os usuarios moven e rotan obxetos físicos, o que vai xerando e modificando o son. . Neste vídeo vemos a Coldplay tocando a canción "Midnight" coa axuda dun reactable e tamén dun arpa de láser (outro instrumento electrófono) Eiquí podemos ver a David Guetta nun programa do "El Hormiguero" tocando o reactable

¿É un instrumento ou non? O seu nome ven da sua capacidade de realizar síntesis de sons. É un aparello que xenera e manipula sons por medios electrónicos. O primeiro sintetizador apareceu en 1955 e estaba destinado a investigar as propiedades do son, non a ser un instrumento musical. Nun primeiro momento negouse que fora un instrumento. Popularizouse gracias á música Wendy Carlos que en 1969 lanzou o disco Switch-on-Bach, no que aparece a versión electrónica dalgunhas das obras instrumentais más coñecidas de Johan Sebastian Bach. Aceptouse ao sintetizador como un instrumento serio, xa que era capaz de interpretar a Bach. Tamén desta compositora é a banda sonora da película "A Laranxa Mecánica", cuxa banda sonora é todo un homenaxe a Beethoven realizado co sintetizador Hoxe en día está aceptado como o máis completo e complexo dos instrumentos electrónicos. Xenera son artificialmente, usando diferentes técnicas para crear son:

  • síntesis auditiva,
  • síntesis substractiva
  • modulación de frecuencia
  • modelado físico
  • modulación de fase
  • síntesis baseada en samples
Distínguense tres tipos de sintetizadores:
  1. análogos: crean sons mediante manipulación directa de corrientes eléctricas
  2. sintetizadores dixitais: crean sons mediante manipulación dunha onda FM dixital
  3. sintetizadores de software: crean sons mediante a manipulación de valores discretos empregando ordenadores
  4. híbridos: combinan calquera dos anteriores métodos.